Home Pontevedra Baixo Miño A Xunta incorpora ao Catálogo de Árbores Senlleiras varios exemplares e unha...

A Xunta incorpora ao Catálogo de Árbores Senlleiras varios exemplares e unha formación de sobreiras, localizados no concellos de Valga e Tomiño

- Anuncio -

O catálogo acada os 192 integrantes con 151 árbores e 41 formacións de 84 especies diferentes

A Xunta de Galicia incorpora ao Catálogo de árbores senlleiras dúas sobreiras, localizadas no concello de Valga, e unha formación de 14 exemplares desa mesma especie, que se atopan no municipio de Tomiño, segundo a resolución que publica hoxe o Diario Oficial de Galicia.

As Sobreiras da Capela dos Mártires, son dous exemplares cunha idade estimada de máis de 200 anos, localízanse xunto a unha antiga necrópole na parroquia de San Miguel de Valga. De feito, baixo estas sobreiras, hai dous sartegos, de granito, a ras do chan e semisoterrados. Ademais, cómpre salientar que o lugar se atopa no trazado dun antigo camiño sacramental que coincide coa actual Vía Mariana Luso-Galaica.

No que atinxe á formación das 14 sobreiras que se atopan na parroquia de Goián (Tomiño), distribúense en 4 grupos ao longo do adro a carón da capela de San Roque, espazo de interese histórico e patrimonial. A idade estimada dos exemplares está en máis de 250 anos.

Unha ferramenta en constante actualización
O catálogo galego de árbores senlleiras é unha ferramenta aberta e en constante actualización, podendo propoñer a inclusión de elementos novos os seus propietarios, as administracións, os centros de investigación ou asociacións e aquelas entidades privadas ou públicas que teñan entre os seus fins estatutarios a protección da natureza.

De feito, desde a aprobación do seu regulamento no ano 2007, foi obxecto xa de diversas revisións e periodicamente sométense a información pública novas propostas para valorar a posible incorporación de exemplares con valores salientables, como é o caso das sobreiras que veñen de incorporarse.

Este rexistro público de carácter administrativo inclúe todas aquelas árbores e formacións excepcionais merecentes de protección en atención ás excepcionais características do seu porte, proporcións, idade, rareza, significación histórica ou cultural, interese científico, educativo, estético, paisaxístico ou calquera outra circunstancia que as faga merecentes dunha especial protección.

Na actualidade, forman parte do Catálogo un total de 192 elementos —151 exemplares e 41 formacións arbóreas— pertencentes a 84 especies diferentes e coa seguinte distribución por provincias:

Relacionadas

A Biblioteca Municipal de Salvaterra reforza o seu horario de cara ós exames

0
O horario será continuo dende o 14 de maio e ata 5 de xullo para todos os estudantes que preparan os exames de ABAU...

Sesión dobre con Abraham Cupeiro no auditorio municipal do Rosal

0
Tras o éxito de acollida do concerto que se celebrará o sábado 11 ás 20.30 horas, Agrupación Musical do Rosal abre a reserva para...

Baiona desentraña os segredos da arribada da Pinta nun emocionante xogo de escapismo ao...

0
Será o primeiro dos 14 escape rooms temáticos postos en marcha por Eu Rural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño relacionados...

Concello e Deputación abordan a transformación das estradas de Santa Ana e da Barrosa

0
A alcaldesa e o presidente provincial mantiveron un encontro no que abordaron neste proxecto prioritario, a conexión máis importante que a Deputación ten pendente...

A Xunta sitúa o servizo de asistencia xurídica gratuíta en Galicia como “referente a...

0
O director xeral de Xustiza compareceu no Parlamento para dar conta dos avances na materia, que enmarcou no diálogo constante cos colectivos representantes dos...

A Xunta concede preto de 2.400 axudas en catro anos para corrixir impactos paisaxísticos...

0
Ángeles Vázquez destaca que estas achegas para mellorar o estado de distintos inmobles e instalacións teñen cada vez máis demanda e que desde 2021...

Publicacións Relacionadas