Home A Coruña A Xunta inicia as obras de rehabilitación de 2 inmobles en Ferrol...

A Xunta inicia as obras de rehabilitación de 2 inmobles en Ferrol Vello para dotar á cidade de 5 novas Vivendas de Promoción Pública

- Anuncio -

— Cun investimento de 1,75 M€, Ángeles Vázquez explicou que se trata dos números 8 e 22-24 da rúa Carme Curuxeiras e que as vivendas se adxudicarán en alugueiro entre os inscritos no Rexistro de demandantes do IGVS, con prioridade para os mozos

— Ferrol é o municipio de referencia do programa Rexurbe, impulsado polo Goberno galego no ano 2018 para comprar inmobles e solares localizados en zonas históricas co fin de recuperalos e reforzar o parque público residencial dos concellos

— Ata o momento xa foron adquiridas 94 edificacións en estado de abandono ou deterioradas no conxunto de Galicia, das que se prevén obter máis de 160 VPP

A Xunta comezará mañá as obras de rehabilitación de 2 edificios no centro histórico de Ferrol para construír 5 novas vivendas de promoción pública (VPP) que pasarán a reforzar o parque público residencial da cidade. Son, concretamente, os números 8 e 22-24 da rúa Carme Curuxeiras, propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) e nos que o organismo autonómico investirá 1,75 millóns de euros, incluíndo o custo da adquisición e os traballos construtivos.
Acompañada da delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros e do alcalde, José Manuel Rey, e coincidindo coa sinatura da acta de inicio de obras, a vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, visitou esta mañá a zona na que se localizan ambos edificios e recordou que a súa rehabilitación será posible grazas ao programa Rexurbe, creado e xestionado polo seu departamento.
Cómpre lembrar que esta iniciativa naceu no ano 2018 co obxectivo de dinamizar zonas históricas de vilas e cidades comprando edificios abandonados e solares para rehabilitalos e destinalos despois a usos residenciais. Neste sentido, Ferrol é o municipio de referencia do programa xa que, como lembrou a vicepresidenta, o IGVS adquiriu nel ata o momento un total de 24 inmobles, co obxectivo de obter a partir deles 49 VPP e 4 locais comerciais e un investimento mínimo estimado en 11,3 millóns de euros.
Neste sentido, o número 1 da rúa Argüelles foi o primeiro edificio adquirido pola Xunta en Ferrol Vello en completar a súa rehabilitación e as 2 VPP resultantes xa están entregadas. En canto aos demais, en setembro se licitarán as obras doutros 5 inmobles mentres que o resto se atopan en distintas fases de redacción de proxectos.
No caso das 2 edificacións cuxas obras comezarán mañá en Carme Curuxeiras, cómpre indicar que a actuación foi adxudicada a finais do pasado mes de xullo e que o prazo de execución previsto é de 15 meses, polo que os traballos deberían estar rematados a finais do vindeiro ano ou principios de 2025.
En canto ás VPP resultantes —que se adxudicarán en réxime de alugueiro mediante sorteo entre as persoas inscritas en Ferrol no Rexistro de demandantes do IGVS e no que terán prioridade os mozos menores de 35 anos—, no número 8 construiranse 3 vivendas de entre 67 e 103 metros cadrados, mentres que a reforma do número 22-24 permitirá obter 2 vivendas adaptadas para persoas con mobilidade reducida e, a maiores, un local comercial. Os edificios contarán tamén con rochos e patio.
Ademais das intervencións previstas en Ferrol no marco do Rexurbe, a vicepresidenta subliñou que o IGVS promoverá no Bertón outras 54 VPP de nova construción, cuxo proxecto foi licitado o pasado xullo e con prazo aberto para que as empresas presenten as súas ofertas ata o xoves 31 de agosto. Estas vivendas incorporaranse ao parque público da Xunta na cidade, integrado actualmente por 637 inmobles adxudicados en alugueiro e localizados nas zonas de Caranza, Esteiro, Telleiras e O Bertón.
Balance do Rexurbe en Galicia
Aínda que a primeira oferta pública do IGVS para a adquisición de inmobles en centros históricos foi convocada en 2018, un ano antes xa levara a cabo con bos resultados unha experiencia piloto en Betanzos.
Desde entón, a Xunta adquiriu no marco do Rexurbe un total de 94 edificacións e solares en 11 municipios galegos: Mondoñedo, Lugo, Ourense, Ribadavia, Tui, Vilalba, Viveiro, A Coruña e Ribadeo, ademais de Betanzos e Ferrol.
Á falta de contar cos proxectos construtivos dalgúns deles, a estimación é que grazas ás intervencións de rehabilitación previstas a día de hoxe se poidan obter máis de 160 novas VPP coas que reforzar o parque público residencial destes concellos e, á vez, dinamizar demograficamente os seus centros históricos e contribuír á mellora e conservación do patrimonio xa construído.

Relacionadas

A Xunta activa desde mañá servizos de autobús entre Vigo e o aeroporto de...

0
A XUNTA ACTIVA DESDE MAÑÁ SERVIZOS DE AUTOBÚS ENTRE VIGO E O AEROPORTO DE SANTIAGO PARA ATENDER OS VIAXEIROS AFECTADOS POLO PECHE TEMPORAL DA...

A Xunta ultima as obras de mellora da rede de saneamento e depuración do...

0
Os traballos, que rematarán antes do verán, beneficiarán a cinco núcleos da parroquia de Santaia de Arca e supoñen a dotación dunha nova estación...

Cociñeiros de toda España que suman máis de 80 Estrellas Michelín participarán en xuño...

0
O director de Turismo de Galicia participa na presentación desta iniciativa que cumpre a súa décima edición e que se celebrará na Finca Casa...

A Xunta celebra que o Campionato do Mundial de Motocross recale en Galicia esta...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes participou hoxe na presentación do Gran Premio Galicia, correspondente á sexta proba das categorías MX1, MX2, WMX...

Incendio nun vehículo agrícola na DP-6503 á altura de Carcacia, no Concello de Padrón

0
Os bombeiros do parque comarcal provincial de Boiro foron alertados ás 12:26 deste mediodía dun incendio que afectou a un tractor na DP-6503, á...

O Concello mantén as súas tres bandeiras azuis, traballa na potenciación dos seus servizos...

0
 “O equipo de goberno do Concello de Ponteceso agradece esta boa valoración, pero non se conforma”, sinala o alcalde  Niñóns, que non dispón...

Publicacións Relacionadas