Home A Coruña A Xunta organiza un evento para profesionais sobre hardware de realidade virtual...

A Xunta organiza un evento para profesionais sobre hardware de realidade virtual e aumentada o vindeiro 19 de setembro no CIS Tecnoloxía e Deseño en Ferrol

- Anuncio -

Na xornada poderánse probar os distintos hardware de realidade virtual, aumentada e mixta

O CIS Tecnoloxía e Deseño de Ferrol, dependente da Axencia Galega de Innovación da Consellería de Economía, Industria e Innovación, organiza o vindeiro 19 de setembro o evento Explorando os límites do Hardware RX, no que diversas empresas e centros de coñecemento de recoñecido prestixio amosarán ao público asistente como están utilizando distintos hardware de realidade virtual, aumentada e mixta. Na xornada, dirixida a profesionais, poderanse comprobar as capacidades dos distintos equipos e decidir cales se axustan mellor ás necesidades de cada empresa.

O evento, de carácter presencial, desenvolverase en horario de 9:00 a 19:00 horas e incluirá charlas temáticas, mesas redondas, reunións B2B entre profesionais, empresas e futuros profesionais. Ademais, contará con espazos expositivos de empresas e entidades relevantes de diversos sectores que amosarán as súas achegas con tecnoloxías RX.

O CIS Tecnoloxía e Deseño ten, entre outras misións, impulsar a innovación, tanto en empresas como en entidades do ecosistema galego de I+D+i, co obxectivo de xerar valor económico, social e sustentable. Esta actividade é gratuíta, previa inscrición, e ten un aforo máximo de 250 persoas.

Prazo de inscrición aberto ata o vindeiro día 18 no seguinte enlace: https://www.cistecnoloxiaedeseno.gal/es/inscripcion-hardware/

Máis información: 981 337 133 e http://www.cistecnoloxiaedeseno.gal/eventos/

Relacionadas

A Xunta activa desde mañá servizos de autobús entre Vigo e o aeroporto de...

0
A XUNTA ACTIVA DESDE MAÑÁ SERVIZOS DE AUTOBÚS ENTRE VIGO E O AEROPORTO DE SANTIAGO PARA ATENDER OS VIAXEIROS AFECTADOS POLO PECHE TEMPORAL DA...

A Xunta ultima as obras de mellora da rede de saneamento e depuración do...

0
Os traballos, que rematarán antes do verán, beneficiarán a cinco núcleos da parroquia de Santaia de Arca e supoñen a dotación dunha nova estación...

Cociñeiros de toda España que suman máis de 80 Estrellas Michelín participarán en xuño...

0
O director de Turismo de Galicia participa na presentación desta iniciativa que cumpre a súa décima edición e que se celebrará na Finca Casa...

A Xunta celebra que o Campionato do Mundial de Motocross recale en Galicia esta...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes participou hoxe na presentación do Gran Premio Galicia, correspondente á sexta proba das categorías MX1, MX2, WMX...

Incendio nun vehículo agrícola na DP-6503 á altura de Carcacia, no Concello de Padrón

0
Os bombeiros do parque comarcal provincial de Boiro foron alertados ás 12:26 deste mediodía dun incendio que afectou a un tractor na DP-6503, á...

O Concello mantén as súas tres bandeiras azuis, traballa na potenciación dos seus servizos...

0
 “O equipo de goberno do Concello de Ponteceso agradece esta boa valoración, pero non se conforma”, sinala o alcalde  Niñóns, que non dispón...

Publicacións Relacionadas