Home Xunta de Galicia A Xunta reforza a reactivación do termalismo galego coa posta en marcha...

A Xunta reforza a reactivación do termalismo galego coa posta en marcha do “Outono Termal”

- Anuncio -

― A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e a presidenta da Asociación de Balnearios de Galicia, Marisol Espiño, presentaron o programa, co que se lle dá continuidade ao Verán Termal e se segue apoiando ao termalismo, afectado pola paralización das viaxes do Imserso.

― O programa de outono oferta algo máis de 700 prazas en 12 balnearios con tarifas e propostas especiais dirixidas a pensionistas galegos e residentes en Galicia

― O programa, ao que a Xunta destina un total de 175.000 euros, encádrase nas accións do Plan de Choque orientadas á reactivación dos sectores máis afectados pola pandemia.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, achegouse esta mañá ata o Balneario Arnoia Caldaria para poñer en valor a continuidade do programa de desestacionalización que a Xunta e a asociación Balnearios de Galicia puxo en marcha este verán. A prórroga do programa, baixo o nome de Outono Termal, desenvolverase desde o 1 de outubro ata o 28 de novembro para seguir apoiando ao sector termal galego, especialmente afectado pola paralización da convocatoria do Imserso.

O acto, no que tamén participou o delegado provincial da Xunta de Galicia, Gabriel Alén, e a presidenta da asociación Balnearios de Galicia, Marisol Espiño, serviu tamén para facer balance do apoio decidido que a Xunta de Galicia está a facer ao sector termal desde o comezo da crise sanitaria. “Acudimos ao rescate dos balnearios galegos”, explicou Nava Castro, “e facémolo a través da posta en marcha de programas como o Elixe Galicia, ao que destinamos este ano 1,3M€ para a promoción, entre outros, de programas de termalismo, e con iniciativas como este programa de desestacionalización, ao que destinamos un total de 175.000 euros”.

A través do Outono Termal se comercializarán un total de 709 prazas en 12 balnearios das catro provincias – 59 prazas por balneario-, para gozar de estadías de 10 días/9 noites en establecementos hoteleiros con tratamentos terapéuticos baixo prescrición médica e dirixido a pensionistas galegos ou residentes en Galicia. A aportación da Xunta de Galicia para a continuidade deste programa é de 75.000 que se suman aos 100.000 € iniciais consignados no Verán Termal.

Os balnearios que participan na iniciativa son: na provincia da Coruña, o balneario de Carballo e Balneario de Compostela; na de Lugo, Balneario de Lugo–Termas Romanas e Iberik Augas Santas Balneario & Golf; en Ourense, os de Arnoia, Laias e Gran Balneario do Carballiño (con aloxamento no Hotel Derby ou no Hotel Lorenzo); e da provincia de Pontevedra os balnearios Acuña (Caldas de Reis), Dávila, Caldelas de Tui, Mondariz e Termas de Cuntis.

Éxito do programa
“O balance desta iniciativa non puido ser máis positiva: comercializáronse a totalidade das prazas ofertadas (800), desestacionalizamos a oferta termal, fidelizamos aos usuarios do termalismo e contribuímos a captar novos usuarios, ao tempo que apoiamos a un segmento turístico fundamental para a oferta turística galega”, explicou a directora de Turismo de Galicia, quen destacou que o termalismo permite contar a Galicia cunha oferta diferencial e de calidade.
Reactivación do sector termal

A continuidade desta iniciativa encádrase no marco do Plan de Choque co que o Goberno galego está a impulsar os sectores especialmente afectados pola pandemia e que xa supuxo un investimento de máis de 30 millóns de euros no sector turístico galego. Búscase así seguir apoiando a recuperación do sector termal, que comeza agora a súa tempada alta sen contar cun programa fundamental como o do IMSERSO, a través do que se ían comercializar en Galicia 4.300 prazas.

En total, a través desta iniciativa comercializaranse este ano 1.500 prazas en balnearios das catro provincias, ás que se lles engaden as prazas que se están a comercializar a través do programa Elixe Galicia, máis de 1.500 só no programa Balnearios no que levamos de ano.

Relacionadas

Arranca a coordinación da Xunta da marca turística do norte peninsular co compromiso de...

0
Este ano, Galicia lidera a organización e coordinación das actividades da marcaAo final de 2024 estará listo o maior corredor ecoturístico que atravesará lugares...

A Xunta convoca catro cursos para membros das forzas de seguridade ao abeiro do...

0
― O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a oferta formativa para o primeiro semestre deste ano con 184 prazas que suman as catro...

O 97% do alumnado de cuarto de Infanti obten praza no centro educativo escollido...

0
— Este ano recibíronse un total de 14.379 solicitudes de nenos de tres anos, que se incorporan así ao sistema educativo, para as 21.137...

A Xunta presenta novas campañas de prevención de riscos laborais co gallo do Día...

0
― O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, clausurou hoxe en Ourense a presentación dunha campaña do Instituto de Seguridade e...

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés cubre once prazas de especialistas no...

0
― O Hospital Provincial acolleu esta mañá o acto de toma de posesión de boa parte dos facultativos, que acadaron praza fixa no Sergas...

A Xunta lamenta que o Partido Socialista Pretenda incumprir a Lei de Costas Estatal...

0
— O conselleiro Román Rodríguez subliña que construír un pavillón neste centro non é unha cuestión de “vontade política” senón de “legalidade” urbanística — Lembra...

Publicacións Relacionadas