Home Xunta de Galicia A Xunta salienta o compromiso do sector hostaleiro galego coa redución do...

A Xunta salienta o compromiso do sector hostaleiro galego coa redución do desperdicio alimentario para cumprir os obxectivos marcados pola UE de cara a 2030

- Anuncio -

― Ángeles Vázquez fai fincapé no obxectivo compartido de fomentar a reciclaxe e a correcta separación dos residuos no sector da restauración, do aloxamento e do ocio nocturno da Comunidade


― A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático destinará 200.000 € á execución durante 2025 de diversas actuacións por parte da Confederación, co apoio, asesoramento e asistencia técnica e legal permanente do departamento autonómico


― Lembra que a UE propón rebaixar nun 20% as perdas de alimentos na produción e distribución e nun 50% os residuos alimentarios per cápita

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, puxo hoxe en valor o compromiso do sector hostaleiro galego coa redución do desperdicio alimentario para cumprir os obxectivos marcados pola Unión Europea de cara a 2030.

Logo de asinar un convenio de colaboración co presidente da Confederación Galega de Empresarios de Hostalaría e Turismo, José Francisco Real, a conselleira fixo fincapé no obxectivo compartido de “fomentar a reciclaxe e a correcta separación dos residuos no sector da restauración, do aloxamento e do ocio nocturno da Comunidade”.

Nesa liña, o convenio asinado hoxe entre o Goberno galego e a referida entidade, que aglutina ás principais asociacións de hostaleiros, ten como obxectivo desenvolver un conxunto de actuacións que teñen a finalidade de diminuír a produción de residuos así como os impactos derivados e facer un uso máis eficiente dos recursos para avanzar cara a unha economía circular.

Cun investimento total de 200.000 euros, que achegará integramente a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, o convenio estará vixente do 1 de xaneiro ao 31 de decembro de 2025 e prevé a execución dun amplo abano de actuacións por parte da Confederación, co apoio, asesoramento e asistencia técnica e legal permanente do departamento autonómico.

Tal e como explicou Ángeles Vázquez, que estivo acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, entre as accións máis novidosas destaca a distribución entre os establecementos asociados de material específico para facilitar a reciclaxe dos refugallos que xeran tanto eles como os seus clientes. En concreto, repartiranse por toda Galicia 18.700 unidades de diferente material sostible específico para reciclar.

A maiores, tamén se organizará medio cento de xornadas de sensibilización que se darán a coñecer entre establecementos e empresas asociados para animar a participar tanto aos titulares como aos traballadores; habilitarase unha páxina web para centralizar toda a información de interese e actualidade que se vaia xerando arredor do proxecto, e elaborarase unha Guía de boas prácticas de xestión de residuos.

Directiva europea de residuos
O convenio de colaboración asinado hoxe enmárcase no cumprimento da directiva europea de residuos, que, segundo lembrou a conselleira, establece a obriga das administracións públicas de implicarse na implantación de medidas preventivas neste eido a través da sensibilización social e da formación. De feito, co fin de avanzar na prevención da xeración de refugallos alimentarios, a UE marcouse como obxectivo para 2030 reducir nun 20% as perdas alimentarias na cadea de produción e de subministro e nun 50% os residuos de comida per cápita da venta ao por menor e dos consumidores.

Nese senso, Ángeles Vázquez subliñou que a Xunta, a través da Lei de residuos e solos contaminados de Galicia, foi pioneira na implementación de mecanismos para avanzar cara á redución do desperdicio alimentario e na loita contra a contaminación xerada polos plásticos.

Para concluír, a conselleira fixo un chamamento á cidadanía a contribuír no seu día a día a levar a cabo boas prácticas de reciclaxe e reutilización así como a reducir o desperdicio alimentario para “entre todos” seguir facendo de Galicia unha comunidade referente na xestión dos residuos.

Pola súa banda, o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, agradeceu a elección do Centro Superior de Hostalería de Galicia como lugar para a sinatura deste acordo e subliñou o impacto que terá esta colaboración no ámbito turístico. Segundo o Informe do Turismo Gastronómico en España 2023, o 86,5% dos viaxeiros españois realizou polo menos unha viaxe ou escapada de carácter gastronómico nos dous últimos anos. Deles, un de cada cinco turistas selecciona o destino e viaxa coa motivación principal de gozar da gastronomía.

Neste sentido, destacou que este segmento é moi interesante para calquera destino xa que os viaxeiros gastronómicos gastan un 30% máis que o resto de turistas en restaurantes e outras actividades gastronómicas, como a compra de produtos.

Relacionadas

Ángeles Vázquez avoga por promover a participación xuvenil na gobernanza das reservas de biosfera

0
Fai fincapé na necesidade de implicar á xuventude no desenvolvemento de iniciativas e actuacións que contribúan a garantir a conservación da biodiversidade A conselleira de...

A Xunta leva investidos nos últimos anos cas 190M€ no funcionamento, o equipamento e...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes destacou que a Xunta tamén mantén actualizados todos os protocolos e plans de actualización e organiza de...

A Xunta impulsa a madeira na construcción con máis de 12 M€ en axudas...

0
— O director xeral da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Jacobo Aboal, participa na I Mesa da Madeira: A construción en madeira para...

Galicia gaña máis de 17.500 afiliacóns na comparativa anual e baixa o paro a...

0
― A cifra de persoas desempregadas, de 121.742, baixa tanto na evolución anual, como na mensual e en relación a novembro de 2023 a...

A Xunta advirte dun incremento dun 72 % dos avisos por ataques de lobo...

0
— Ángeles Vázquez celebra a decisión do Convenio de Berna de aprobar o cambio do estatus internacional do lobo en Europa de estritamente protexido...

Novos Cinemas pecha en Pontevedra o calendario anual de Festivais Audiovisuais apoiados pola Xunta

0
— O filme ‘La Parra’, que vén de ser galardoado na Seminci, protagonizará a sesión inaugural coa que arranca una programación na que destaca...

Publicacións Relacionadas