Home Lugo A Xunta salienta o papel do Plan Hurbe na humanización e desenvolvemento...

A Xunta salienta o papel do Plan Hurbe na humanización e desenvolvemento dos núcleos rurais de concellos como Outeiro de Rei

- Anuncio -

— Ángeles Vázquez lembra que este programa, que permitiu financiar máis de 420 proxectos desde 2010 por importe de preto de 170 M€, conta cun orzamento para o vindeiro ano de 8 millóns de euros


— A vicepresidenta segunda pon en valor actuacións como a que se está a desenvolver en Outeiro de Rei para crear, entre outros espazos, unha área de ocio con dúas piscinas, un edificio polivalente e un centro de BTT por importe de 1,1 M€

A Xunta de Galicia avanza no apoio aos concellos para urbanizar e humanizar as vilas e núcleos rurais a través de actuacións como as enmarcadas no Plan Hurbe, que para o ano 2024 conta cun orzamento de 8 millóns de euros. Así o destacou a vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, nunha visita ás obras de mellora que se están a realizar no concello de Outeiro de Rei ao abeiro deste programa por importe de 1,1 millóns de euros.

A representante do Executivo galego lembrou que o Plan Hurbe -posto en marcha no ano 2010- permite axudar ás administracións locais a financiar actuacións deste tipo que inciden de forma positiva na calidade de vida da cidadanía coa aportación por parte da Xunta do 70% do orzamento e o 30% restante por parte do concello.

De feito, desde 2010 mobilizáronse ao abeiro desta iniciativa preto de 170 millóns de euros froito do desenvolvemento de máis de 420 actuacións urbanísticas en decenas de concellos galegos co fin de habilitar ou recuperar equipamentos públicos e poñer en valor as súas contornas urbanas.

O proxecto que visitou Ángeles Vázquez en Outeiro de Rei é un exemplo destes traballos de desenvolvemento dos espazos municipais ao permitir a creación dunha nova área de ocio nunha parcela de preto de 2.700 metros cadrados de superficie, na zona de Santa Isabel, ao carón do río Miño. Nel a Xunta inviste 770.000 euros e o concello os 330.000 euros restantes.

As obras que se están a realizar inclúen a instalación de dúas piscinas -unha de uso infantil e outra para adultos-, unha zona destinada a usos complementarios con aseos vestiarios e área de enfermaría, un edificio polivalente que albergará unha cafetería con espazo para almacén, cociña e baños así como un centro de BTT cunha zona de taller para reparar bicicletas, unha área exterior de lavado e aseos.

A vicepresidenta segunda puxo en valor que o Plan Hurbe impulsa o desenvolvemento das vilas e núcleos rurais en clave de sustentabilidade económica, medioambiental e social, contribúe a mellorar os equipamentos e dotacións -incrementando o atractivo das vilas, núcleos rurais e a calidade de vida dos seus veciños-, fomenta a conservación e posta en valor do patrimonio cultural e histórico das vilas e favorece a incorporación das últimas tecnoloxías en todos os eidos.

Relacionadas

A Xunta activa desde mañá servizos de autobús entre Vigo e o aeroporto de...

0
A XUNTA ACTIVA DESDE MAÑÁ SERVIZOS DE AUTOBÚS ENTRE VIGO E O AEROPORTO DE SANTIAGO PARA ATENDER OS VIAXEIROS AFECTADOS POLO PECHE TEMPORAL DA...

A Xunta ultima as obras de mellora da rede de saneamento e depuración do...

0
Os traballos, que rematarán antes do verán, beneficiarán a cinco núcleos da parroquia de Santaia de Arca e supoñen a dotación dunha nova estación...

Cociñeiros de toda España que suman máis de 80 Estrellas Michelín participarán en xuño...

0
O director de Turismo de Galicia participa na presentación desta iniciativa que cumpre a súa décima edición e que se celebrará na Finca Casa...

A Xunta celebra que o Campionato do Mundial de Motocross recale en Galicia esta...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes participou hoxe na presentación do Gran Premio Galicia, correspondente á sexta proba das categorías MX1, MX2, WMX...

A Xunta e a Fundación MOP convocan bolsas no estranxeior para estudantes de fotografía...

0
— Catro alumnos poderán participar nun programa educativo na Fundación Sozzani de Milán durante os meses de setembro a decembro deste ano — A directora...

Galicia terá este ano 114 praias con bandeira azul, a terceira comunidade autónoma con...

0
— Suma un areal máis respecto ao balance do exercicio anterior e aínda que non hai ningunha incorporación nova, catro das praias distinguidas recuperan...

Publicacións Relacionadas