Home Xunta de Galicia A Xunta seguirá apoiando ao sector gandeiro frone aos danos da fauna...

A Xunta seguirá apoiando ao sector gandeiro frone aos danos da fauna silvestre e duplicará en 2022 as axudas para medidas de prevención

- Anuncio -

— Os orzamentos do ano que vén reservan 906.000 € para previr os ataques destas especies, á vez que se mantén a partida de 2,1 M€ para paliar os danos que causan

— A responsable autonómica lembra o escenario de “inseguridade xurídica” que se abre tras a publicación da orde de protección do lobo e confía en que a xustiza lles dea á razón a Galicia, Asturias, Cantabria e Castela e León e paralice a súa aplicación

— Avisa de que gran parte dos membros do Comité científico que asesorou ao Goberno central na toma desta decisión acada de pedir ser relevado do seu cargo

A Xunta de Galicia continuará apoiando en 2022 ao sector gandeiro fronte á fauna silvestre a través de dúas ordes de axudas destinadas a previr e a paliar as consecuencias destes ataques. Así, os orzamentos para o vindeiro ano inclúen unha partida de máis de 900.000 euros para financiar medidas de carácter preventivo en cultivos e explotacións, unha contía que duplica a destinada inicialmente nas contas deste ano.

Durante unha visita a Muras, un dos concellos da provincia de Lugo máis afectados polos ataques do lobo, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, explicou que o seu departamento fará un esforzo orzamentario para seguir ao carón dos gandeiros ante unha problemática que previsiblemente se agravará tras a recente publicación da orde de protección do lobo por parte do Goberno central.

Neste sentido, indicou que, a maiores da orde de prevención, tamén haberá unha nova convocatoria das axudas para paliar os danos causados por lobos, xabarís e osos sobre o gando e os cultivos agrícolas. En concreto, os orzamentos do próximo ano reservan 2,1 millóns de euros a este fin —a mesma contía que este ano—, de forma que, en total, a Xunta mobilizará algo máis de 3 millóns de euros a través de ambos programas.

“Incrementamos substancialmente as partidas porque a pesar da inseguridade xurídica causada polo Goberno central, non podemos deixar atrás aos nosos gandeiros”, subliñou a conselleira, que durante a visita estivo acompañada polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e preto dunha ducia de gandeiros da zona.

De feito, Ángeles Vázquez agradeceu tamén aos asistentes a súa implicación activa na fronte aberta para tratar de deixar sen efecto a orde ministerial aprobada o pasado mes de setembro polo Goberno central de forma unilateral.

Neste sentido, referiuse ás 1.735 sinaturas recollidas por gandeiros e veciños das comarcas lucenses da Mariña e a Terra Chá e que xa lles remitiron ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico —promotor da orde— e ao Ministerio de Agricultura coa intención de amosar o seu rexeitamento a unha medida que, na práctica, impedirá calquera tipo de acción cinexética de control sobre a especie.

Tras asegurar que agarda que este tipo de accións “fagan reflexionar” ao Goberno central, a conselleira insistiu en que aínda queda marxe para que o lobo non alcance o status que se lle outorga na orde ministerial e indicou que a Xunta confía en que prosperen os recursos presentados ante a Audiencia Nacional polas catro comunidades que concentran o 95% dos exemplares de lobos de todo o país.

A este respecto, lembrou o impacto que ocasiona a fauna silvestre no sector primario, citando a modo de exemplo os 4.377 avisos recibidos en toda Galicia no último ano con relación a este tipo de ataques. “O equilibrio non é doado de manter pero en Galicia o fomos acadando grazas a un Plan de xestión aprobado en 2009 e que nos converteu na segunda Comunidade con máis lobos”, asegurou.

Por último, a conselleira aproveitou o encontro cos gandeiros de Muras para comunicarlles que esta semana unha parte dos membros do Comité científico que asesorou ao Goberno central na redacción da orde do lobo solicitaron ser relevados do seu cargo, unha circunstancia que considerou “curiosa” tendo en conta que a Xunta e o resto de comunidades lobeiras solicitaron en varias ocasións —sen éxito— coñecer o nome dos expertos que avalaron a inclusión no Listaxe de especies silvestres en réxime de protección especial (Lesrpe) dun mamífero que non está en situación desfavorable.

Relacionadas

Arranca a coordinación da Xunta da marca turística do norte peninsular co compromiso de...

0
Este ano, Galicia lidera a organización e coordinación das actividades da marcaAo final de 2024 estará listo o maior corredor ecoturístico que atravesará lugares...

A Xunta convoca catro cursos para membros das forzas de seguridade ao abeiro do...

0
― O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a oferta formativa para o primeiro semestre deste ano con 184 prazas que suman as catro...

O 97% do alumnado de cuarto de Infanti obten praza no centro educativo escollido...

0
— Este ano recibíronse un total de 14.379 solicitudes de nenos de tres anos, que se incorporan así ao sistema educativo, para as 21.137...

A Xunta presenta novas campañas de prevención de riscos laborais co gallo do Día...

0
― O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, clausurou hoxe en Ourense a presentación dunha campaña do Instituto de Seguridade e...

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés cubre once prazas de especialistas no...

0
― O Hospital Provincial acolleu esta mañá o acto de toma de posesión de boa parte dos facultativos, que acadaron praza fixa no Sergas...

A Xunta lamenta que o Partido Socialista Pretenda incumprir a Lei de Costas Estatal...

0
— O conselleiro Román Rodríguez subliña que construír un pavillón neste centro non é unha cuestión de “vontade política” senón de “legalidade” urbanística — Lembra...

Publicacións Relacionadas