Home O Morrazo Marín Lete destaca o músculo galegono atletismo da man dos irmáns CHamosa que...

Lete destaca o músculo galegono atletismo da man dos irmáns CHamosa que competirám no Nacional de de Marcha en Ruta deste domingo en Marín

- Anuncio -

_Subliña o excelente momento do atletismo galego que nos Xogos de París igualou o seu récord histórico con sete representantes

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou na mañá de hoxe na presentación do Campionato de España Absoluto e Máster de Marcha en Ruta 35 km e do Campionato de España sub 20 e sub 16 de Marcha por federacións autonómicas que terá lugar en Marín o vindeiro 9 de marzo.

Na presentación estiveron presentes dous dos mellores marchadores galegos que competirán na proba nacional como é o caso dos irmáns Chamosa, Antía e Daniel. O mandatario galego destacou a gran proxección dos dous atletas como dous dos mellores do contexto nacional e mesmo internacional e lembrou como Antía foi convocada para os Xogos Olímpicos de París, aínda que finalmente non competiu na proba de remudas mixtas na que Álvaro Martín e María Pérez, acadaron a medalla de ouro. Para Lete Lasa, o Campionato de España de Marín será “unha excelente oportunidade de ver aos mellores marchadores do país, así como de vivir este reencontro competitivo entre Antía e María, dúas das referencias da marcha feminina española”. Ademais, dixo, a relevancia de Galicia na marcha nacional complétase coa figura do vigués Santi Pérez, olímpico en Atenas e Pequín e que na actualidade é o seleccionador nacional da especialidade.

O secretario xeral para o Deporte gabou o excelente momento do atletismo galego que nos devanditos Xogos de París igualou o seu récord histórico de participantes con sete, os mesmos que o fixeran en Barcelona 1992. Este panorama cheo de grandes referentes galegos é o que anima a que cada día máis nenos e nenas se animen a participar no atletismo, polo que considerou outra excelente noticia que Marín tamén acolla o campionato nacional sub 16 e sub 20.

Relacionadas

A comparsa Relativerso de Mañufe gañadora absoluta do Entroido en Tui

0
En carrozas o primeiro premio foi para o Entroido de Picoña. Miles de persoas gozaron do desfile-concurso nas rúas novas da cidade Miles de persoas...

O Entroido de Redondela fai arder a ditadura

0
Ao berro de: “Lume aos que branquean o franquismo e aos que tratan de resucitar os totalitarismos!” este Martes de Entroido Redondela queimou ao...

Rafa Domínguez presenta o Torneo do Ano 2025 organizado a favor da Asociación Española...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, presentou esta tarde no Museo de Pontevedra o Torneo do Ano 2025, organizado a favor da...

A Xunta traslada a súa solidariedade á familia de Diego Bello na súa visita...

0
—A directora da oficina da Fundación Galicia Europa na capital comunitaria, Ana Ramos, reuniuse con familiares e o avogado do mozo galego asasinado en...

Luis López destaca a contribución de eventos culturais de referencia como o Entroido de...

0
O presidente provincial, acompañado polo deputado de Cultura, Jorge Cubela, asiste en Vilaboa á xornada de clausura dun dos entroidos máis recoñecidos de Galicia,...

Éxito de participación no concursos de disfraces do Concello de Ponteareas

0
Concello reparte máis de 12.000€ en premios para as comparsas e os concursos de disfraces Éxito de participación nos concursos de disfraces infantil e...

Publicacións Relacionadas