Home A Coruña O Espazo Xove de Curtis inaugura a súa nova Biblioteca

O Espazo Xove de Curtis inaugura a súa nova Biblioteca

- Anuncio -

A Xunta de Galicia investiu preto de 20.000 euros en acondicionar esta instalación

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, inaugurou esta mañá a nova biblioteca do Espazo Xove de Curtis, que achegará un servizo de gran utilidade para as mozas e mozos deste concello coruñés.

A Xunta de Galicia investiu preto de 20.000 euros na posta en marcha deste servizo. Esta achega, súmase a outros 15.000 euros que desde o comezo de 2021 se utilizaron para ofrecer á xuventude un espazo de ocio seguro e responsable.

Entre as melloras que fixo a Administración autonómica no inmoble encóntrase a mellora de diferentes aulas de estudo, a substitucións dos canos do tellado, a compra de cadeiras, sofás e outros mobles. Tamén, atendendo ás demandas dos usuarios das instalacións, se adquiriron diferentes xogos como un futbolín, unha mesa de ping pong, un billar, xogos de mesa e unha videoconsola. Así mesmo, o Goberno galego mantivo no verán unha programación de actividades para que, ademais de fomentar o lecer, tamén impulsara a conciliacións das familias.

O de Curtis é un dos 12 Espazos Xove da Xunta de Galicia. Todos eles ofrecen un conxunto de actividades e servizos accesibles a todas as mozas e mozos das contornas nas que se atopan. De feito, este ano tamén se celebraron obradoiros ou iniciativas como a Feira Primavera Xove.

Relacionadas

A Xunta destaca a importancia da formación entre o persoal das forzas e corpos...

0
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou na clausura da III Xornada de Saúde Mental Policial SAUDEPOL, organizada polo Sindicato Unificado...

Galicia e Portugal avanzan no desenvolvemento de infraestruturas verdes a nivel local ao abeiro...

0
Nesta iniciativa, que conta cun orzamento de máis de 2,1 M€, participan un conxunto de entidades locais, administracións supramunicipais con competencias nesta materia e...

A Xunta lanza unha publicación sobre a Serra do Oribio para promover os valores...

0
— Ángeles Vázquez incide en que esta contorna protexida combina a riqueza natural dun hábitat de montaña con importantes valores patrimoniais e culturais — Anima...

Diego Calvo asiste á toma de posesión de Sandra Vázquez como directora xeral de...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu hoxe á toma de posesión de Sandra Vázquez como directora xeral de Relacións Institucionais...

Último aviso para apuntarse no xantar da comisión de festas de Santa Isabel

0
A comida a prol dos festexos terá lugar o sábado no patio cuberto do CPI de San Sadurniño A comisión de festas de Santa Isabel...

VIII Xornadas Saludables no Concello de Ribeira

0
O tenente de alcalde Vicente Mariño presentou hoxe as VIII Xornadas Saludables organizadas pola concellería de Servizos Sociais que se desenvolverán no Centro Cultural...

Publicacións Relacionadas