Home Tabeirós Cerdedo - Cotobade Cubela e o delegado da Xunta inspeccionan as obras do Centro Cultural...

Cubela e o delegado da Xunta inspeccionan as obras do Centro Cultural e Turístico “Antonio Fraguas” no remate final da súa construción

- Anuncio -

• Permitirá que os colectivos sociais e veciñais da parroquia poidan utilizar o antigo cine-baile de Carballedo reconvertido nun moderno e funcional edificio de 477 m2 distribuídos en dúas plantas

O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luís López, e varios membros do equipo de goberno inspeccionaron o tramo final das obras de execución da reconversión do antigo cine-baile de Carballedo no
moderno e funcional Centro Cultural e Turístico “Antonio Fraguas”, que consta cun investimento duns 486.000 euros que permitirán poñer adisposición da veciñanza e dos colectivos socioculturais da parroquia 477 metros cadrados distribuídos en dúas plantas dun edificio totalmente equipado.

O alcalde, Jorge Cubela, manifestou que afrontaba con moita ilusión os remates finais desta obra que “vai supoñer un antes e un despois para o asociacionismo local e os colectivos socioculturais e veciñais de Carballedo xa que ven a dar resposta a unha grave carencia de infraestruturas para a veciñanza. Calquera xuntanza de certo número de persoas tíñase que
desenrolar no pavillón de deportes, nunhas condicións de audición e comodidade inadecuadas. Agora, a partir de que se inaugure este Centro as cousas van mudar substancialmente”, indicou o rexedor.

O edificio que albergará ao futuro Centro Cultural e Turístico “Antonio Fraguas” está rodeado de moita emotividade para os veciños de Carballedo xa que se erixe sobre o antigo cine-baile, un punto de encontro de xeracións pasadas e que resultaba un edificio emblemático para a veciñanza polo que “tivemos que afrontar un proxecto de modernización e recuperación tendo moi en conta o pasado e o recordo do cariño con que os nosos veciños se referían a el. Por todo isto tivemos que harmonizar esa lembranza cun novo edificio moderno e funcional polo que decidimos empregar materiais nobres, como madeira ou zinc, e outros máis actuais, entre os que figuran aluminio, aceiro e formigón.

Respectouse a súa fisonomía, ao tempo que se abriron grandes ocos na estrutura para favorecer a ventilación e a iluminación natural e dotouse de infraestruturas de novas tecnoloxías”, explicou Jorge Cubela.

O Centro Cultural e Turístico Antonio Fraguas terá unha superficie de 477 m² distribuídos en dúas plantas cun amplo vestíbulo para recepcións, exposicións e punto de información turística, unha aula formativa polivalente e multifuncional con 55 m² e, xa no primeiro andar, unha gran sala diáfana con 150 m² e capacidade para ata 130 persoas apta para a
celebración de eventos.

Relacionadas

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Publicacións Relacionadas