Home Vigo Nigrán Os tres concellos do Val Miñor únese ao grupo de enfermería da...

Os tres concellos do Val Miñor únese ao grupo de enfermería da Xunqueira para combater a hipertensión mediante a práctica de marcha nórdica

- Anuncio -

Ofrecerán durante os vindeiros catro meses dúas rutas semanais dirixidas polo seleccionador galego deste deporte e co apoio dos enfermeiros residentes que idearon o proxecto

Inicialmente está pensado para esta patoloxía crónica pero o obxectivo é asentar os grupos de marcha para crear un activo en saúde en cada barrio que chegue a todo tipo de poboación

Hospitais de País Vasco ou Barcelona xa a empregan para rehabilitación do Covid, mulleres mastectomizadas ou persoas que sufriron un infarto, ictus ou parkinson, sendo moi indicada para anciás

Os tres concellos do Val Miñor veñen de unir forzas para ofrecer a actividade de marcha nórdica (marcha con bastóns) como terapia rehabilitadora grazas aos enfermeiros residentes do Centro de Saúde Val Miñor, ideólogos deste proxecto piloto único en Galicia e practicamente en España. Esta fase inicial financiada polos tres consistorios está dirixido a pacientes hipertensos de Baiona, Gondomar e Nigrán (os interesados deben dirixirse ao persoal de enfermería do seu respectivo centro de saúde) pero o obxectivo final é asentar os grupos na comarca miñorana para incorporar a todo tipo de poboación dado os seus múltiples beneficios. “Queremos xerar un novo activo de saúde en cada barrio empoderando aos propios cidadáns, esa é a nosa meta”, resumen.

Así, a partir do 31 de xaneiro e durante os vindeiros catro meses ofreceranse dúas rutas semanais matinais dirixidas polo seleccionador galego Nacho García e coa presenza tamén dos propios enfermeiros, que acudirán para reforzar a actividade con ‘pílulas formativas’ de coñecementos en saúde que contribuirán a crear auténticos ‘pacientes expertos’. Cada municipio gozará da súa propia saída no seu territorio, será dunha hora de duración e aproximadamente 5 km, e no primeiro mes os bastóns os facilitará a organización (despois existe a posibilidade de alugalos polo prezo simbólico de 1 €). O instructor Nacho García destaca que, neste proxecto concreto, a disciplina deportiva será enfocada ao seu aspecto máis terapéutico.

“Somos especialistas en enfermería familiar e comunitaria e, precisamente, esta actividade é un exemplo perfecto de intervención comunitaria para fomentar a marcha nórdica como activo saudable para a poboación, para rehabilitar e tamén para previr. Estamos especialmente agradecidos aos tres concellos polo seu apoio, xa que actuarán como promotores ante a súa veciñanza, e aos centros de saúde pola súa implicación absoluta nestes intres difíciles debido á pandemia”, explican os residentes Antonio Sobral e Cuca Rivas.

Hospitais do País Vasco e Cataluña xa están a empregar este deporte de orixe finlandés como programa de rehabilitación para pacientes de moi diversa índole: desde mulleres mastectomizadas a persoas operadas de próteses de cadeira ou xeonllo a hernias discais, persoas con perda de mobilidade por problemas neurolóxicos… “É beneficiosa para toda a poboación. Ten amosado que axuda moito a saúde do anciá fráxil, das persoas con riscos cardiovasculares e incluso está funcionando para paliar danos do Covid”, subliñan os enfermeiros, que engaden o beneficio extra que supón no actual contexto que sexa unha actividade ao aire libre e en grupo, xa que iso contribúe á socialización e á fidelización.

Así, os tres equipos de cadanseu concello, cun máximo de 15 inscritos, serán monitorizados ao inicio, aos dous meses e ao finalizar, así poderán testear como evolucionou durante ese tempo a súa tensión, peso, masa muscular ou graxa… “Faremos un banco de kilómetros e de calorías como reto para competir de xeito sano entre os tres grupos e motivarnos aínda máis”, indican.

Os participantes poderán verse beneficiados de aspectos desta disciplina deportiva como os seguintes: exercitar o 90% dos músculos do corpo ao usar bastóns (nunha andaina ‘normal’ móvese ‘só’ o 60%); reducir a carga sobre as articulacións; fortalecer os músculos relacionados coa postura e a estabilidade da columna; favorecer o equilibrio e en maiores facilitar que se eviten as caídas; axudar á perda de peso ao consumirse ata un 45% de calorías no mesmo espazo de tempo que nunha camiñada sen bastóns; mellorar a capacidade pulmonar ao ser un deporte aeróbico no que se mantén un ritmo elevado e favorecer a coordinación motriz.

Relacionadas

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Publicacións Relacionadas