Home Pontevedra Baixo Miño Seis espectáculos inician a programación de 2022 no Teatro Municipal

Seis espectáculos inician a programación de 2022 no Teatro Municipal

- Anuncio -

A Panadería fará en Tui a estrea nacional da súa nova montaxe, e Manuel Madarnás presentará por vez primeira en concerto o seu primeiro disco

O Teatro Municipal de Tui abre a programación de 2022 con seis espectáculos a celebrar entre o 4 de febreiro e o 18 de marzo. Teatro e música son os dous eixos desta proposta cultural da que a metade dos eventos van dirixidos a público infantil e a outra metade a público adulto. O teatro tudense terá o 85% do aforo e contará cun protocolo covid nunha aposta pola cultura segura. As entradas para todos os espectáculos poranse á venda o próximo martes, 1 de febreiro, ás 21h a través de www.tui.gal. Os prezo en función do evento oscilan entre os 10 € e os 3€.
Nesta programación figura a estrea nacional da obra “As que limpan” da Panadería Teatro en coprodución co Centro Dramático Nacional. A compañía fará residencia no teatro tudense, dende o luns 31 de xaneiro ao 11 de febreiro, previa a posta en escena desta obra o venres 11 de febreiro ás 21 h. Unha obra na que Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman, coma autoras, directoras e actrices, abordan, en forma de comedia, a loita organizada das limpadoras de pisos por conseguir uns dereitos laborais e sociais xustos.
Tamén estrea será o concerto que o músico Manuel Madarnas ofrecerá o venres, 4 de marzo, ás 21 h para presentar o seu primeiro traballo discográfico “laMMarca”. En directo presentará os temas deste seu primeiro albume en solitario co que busca pór en valor a música instrumental.
A terceira das propostas para público adulto será o venres 18 de marzo, ás 21 h, con “A lingua das bolboretas” de Sarabela Teatro que recibiu catro premios María Casares, entre eles o de Mellor Espectáculo. Gonçalo Guerreiro dirixe esta obra baseado no libro de Manuel Rivas. Sobre o escenario estarán Elena Seijo, Josito Porto, Fran Lareu, Fernando Dacosta, Sabela Gago e Fina Calleja
A primeira cita para público infantil será o venres, 4 de febreiro, ás 19 h coa compañía Elefante Elegante que abrirá esta programación coa posta en escena de “Cubo”. É unha obra de teatro xestual dirixida e protagonizada por María Torres e Gonçalo Guerreiro. O venres 18 de febreiro, tamén ás 19 h, Culturactiva presenta “Rosalía” unha representación que recolle a autora de “Cantares Gallegos” cando era nena, e coa que se conmemora o “Día de Rosalía”. Nate Borrajo é a autora desta obra que dirixe Fina Calleja e interpretan Cristina Collazo e Rocío González.
Por último, para público infantil, o venres 11 de marzo, ás 19 h, Charo Pita achegará o seu espectáculo musical “No pais do vento”. Un concerto no que participarán tamén María Faltri, Jorge Juncal, Javier Fernández e Juansi Santomé.
A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, amosa a súa satisfacción por poder presentar unha nova programación cultural para comezar este ano 2022, insistindo no feito de que “a cultura é segura”. Unha vez máis o público de todas as idades, dende os cativos, aos maiores, poderá gozar de espectáculos en directo neste caso con especial presenza do teatro e a música, e con todas as medidas de seguridade.
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, indica que “mantemos a aposta pola cultura” cunha programación que nos singulariza pola súa calidade e variedade, e que ao longo destes anos ten contado co aplauso do público. Nesta ocasión amais con dúas estreas no teatro tudense da compañía A Panadería, e do músico local Manuel Madarnás.

Relacionadas

O alumnado de Economía e Emprendemento do CPI Cova Terreña descobre algúns dos motores...

0
O alumnado de Economía e Emprendemento, asistiu a unha visita guiada polo interior da lonxa de Baiona. Alí foron recibidos por José M. Sotelo,...

A Deputación avanza en transparencia institucional coa posta en marcha dunha innovadora ferramenta para...

0
A mediateca “Séneca”, na que a institución provincial investiu 50.000 euros, suporá, tal e como avanzou Luis López “un grande avance na forma na...

Rematada a execución do ramal de saneamento e bombeo en Maceira, Covelo

0
Alcalde, directora xeral de Administración Local e delegado territorial da Xunta en Pontevedra visitaron o pavillón onde se realizou un investimento de 26.500 euros...

Un paseo pola identidade do Rosal a través da ilustración e da historia

0
A alcaldesa Ánxela Fernández Callís, o ilustrador Xosé Tomás e a historiadora Sara Quintana presentaron o libro ‘Entre viñas e viños no val do...

O Alcalde Luciano Otero Apoia a veciñanza na Loita pola EP-2702

0
No día de hoxe, o Alcalde de Pazos de Borbén, Luciano Otero, asistiu ao pleno da Deputación de Pontevedra acompañando aos verdadeiros heroes: os...

A Deputación financiará integramente dous proxectos de modernización de instalacións deportivas no Grove e...

0
No Grove financiará o 100% do acondicionamento do pavillón de deportes do CEIP Plurilingüe Conmeniño, que ascende a 303.000 €, e en Vilanova a...

Publicacións Relacionadas