Home Vigo Pazos de Borbén O Alcalde Luciano Otero Apoia a veciñanza na Loita pola EP-2702

O Alcalde Luciano Otero Apoia a veciñanza na Loita pola EP-2702

- Anuncio -

No día de hoxe, o Alcalde de Pazos de Borbén, Luciano Otero, asistiu ao pleno da Deputación de Pontevedra acompañando aos verdadeiros heroes: os veciños de Pazos de Borbén, especialmente os de Nespereira e Cepeda. Estes valentes cidadáns levan anos reivindicando o arranxo da estrada EP-2702, unha vía vital que quedou comprometida durante o anterior goberno de coalición entre o PSOE e o BNG. Lamentablemente, coa chegada do PP ao poder da Deputación tras as últimas eleccións o proxecto quedou parado.

Concello e Plataforma pola mellora da EP2702 solicitaron reunirse coa nova Deputación para abordar a situación desta vía, sen que nin uns nin outros teñan recibido resposta ata o día de hoxe. O Alcalde, quen tras case un ano no cargo aínda non foi recibido pola Deputada de Infraestruturas, lamenta esta falta de diálogo institucional. Con todo, o Concello recibiu no día de onte un borrador de Convenio segundo o cal Pazos de Borbén tería que aportar máis de 40.000 euros para as expropiacións dos terreos, e que a Deputación poida, dese xeito, licitar a primeira fase, que abrangue 1,5 km.

A cantidade que ten que aportar o Concello sofre un aumento considerable respecto do borrador de Convenio que quedou sen asinar coa anterior Deputación, que non chegaba a 15.000 €. Cabe lembrar que cando o PP gobernaba en Pazos de Borbén e estaba na oposición na Deputación sostiña que o Concello de Pazos non tiña que aportar nin un só céntimo ao ser unha infraestrutura provincial.

A pesar deste cambio de criterio do Partido Popular, o Alcalde Luciano Otero considera prioritarias estas obras de mellora e comprométese a entregar os 40.000 euros o antes posible para comezar este primeiro tramo. Con todo, o máis vergonzoso é que Eloísa, en redes sociais, afirme que agora que están no poder, é cando se arranxa a estrada. O mérito real recae nos veciños e veciñas que loitaron incansablemente por esta vía perigosa e transitada. Que opinaría a señora Eloísa se o señor Otero dixese: “Agora que son eu o Alcalde, é cando se arranxa a estrada”?

Malia avaliar positivamente este avance e alegrarse porque se aproxime o inicio das obras do primeiro tramo, Luciano Otero considera que chega tarde, e que se debería estar a falar xa das obras para os tramos restantes. Agradecemos á Deputación por continuar cos trámites iniciados pola administración anterior, pero instamos a manter unha reunión para traballar sen perder un minuto para avanzar nas seguintes fases. O señor Luciano Otero e os veciños e veciñas estarán vixiantes aos pasos que se dean.

O Alcalde marchou preocupado pola forma en que se pretenden levar a cabo as cousas. Parece que con este primeiro tramo, a Deputación salva os mobles, pero non hai compromiso algún coas fases posteriores…

Relacionadas

O BNG oponse a que o Concello de Vigo venda a “prezo de saldo”...

0
A fronte nacionalista vota en contra do convenio coa promotora privada e esixe que os aproveitamentos urbanísticos se destinen á promoción directa de vivenda...

Luis López aborda unha mobilización de 700.000 euros da Deputación no Concello do Rosal,...

0
O presidente provincial avanzou unha subvención de 126.500 euros para a mellora de tres camiños ao abeiro do +Provincia, que se aprobará este venres...

O PP propón rehabilitar a área recreativa da rúa dá Gándara

0
• Junco e Martínez piden “mellorar unha das zonas de paso máis transitadas polos peregrinos que saen de Pontevedra cara a Santiago polo Camiño...

O BNG alerta sobre a proposta do PP de construción dunha Plataforma loxística...

0
A portavoz de industria do PP no parlamento galego, Cristina Sanz,  defendeu na comisión parlamentaria celebrada o pasado 2 de maio  a construción dunha...

A Deputación analiza o estado de execución das obras de mellora da seguridade viaria...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, percorreu xunto ao alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, e o concelleiro e tamén deputado provincial Javier Tourís,...

Luis López presenta investimentos por un millón de euros da Deputación en Caldas de...

0
O presidente provincial avanzou unha subvención de 400.000 euros para o saneamento de Soutelo ao abeiro do +Provincia, que se aprobará este venres en...

Publicacións Relacionadas