Home Vigo Baiona Baiona sóbese a bordo da transformación dixital para ofrecer unha experiencia turística...

Baiona sóbese a bordo da transformación dixital para ofrecer unha experiencia turística cultural e histórica integrada

- Anuncio -

O Concello de Baiona vai adherirse ao proxecto Exploraterra, que nace co obxectivo de promover e preservar o patrimonio cultural das grandes expedicións marítimas xeográficas españolas e portuguesas da historia.

Neste proxecto, que conta cun orzamento de algo máis de seis millóns de euros, participan varias institucións culturais e turísticas de España e Portugal e será executado ata decembro de 2022.

A primeira das accións deste interesante proxecto poderanse visitar en pouco menos dun mes. Na próxima edición da Festa da Arribada, que se celebrará do catro ao o seis de marzo, baioneses e visitantes poderán visitar a Santa María, outra réplica exacta da expedición de Cristobal Colón. Ademais sumarase no peirao a Nave Veracruz, unha réplica das antigas naves que usaban os portugueses nos séculos XV e XVI.

Pero esta acción, non é máis que o comezo, xa que o proxecto abarca outras áreas encamiñadas todas elas a mellorar a experiencia de coñecer o gran patrimonio histórico e cultural que ofrece a vila. Camiñarán parellas accións conxuntas entre a Concellería de Cultura e Turismo.

Baiona é un referente en canto a turismo como así o testemuñan os datos recentes que o posicionan como o primeiro municipio galego que máis turistas náuticos recibiu o ano pasado. Desde a Concellería de Turismo leváronse a cabo varias accións para seguir mantido e fortalecendo o seu carácter pioneiro en pos da excelencia e a calidade. Á gran aposta da renovación da imaxe de marca Baiona, súmanselle a actualización dos folletos do Camiño Portugués da Costa e tamén o dos Operadores de turismo. Agora afronta o reto de abanderar a transformación na que está inmersa o sector turístico cara a unha dixitalización que leva anos soando pero que agora se presenta non só como unha necesidade, senón como unha oportunidade para gañar competitividade nun mercado que empeza a dar síntomas de recuperación tras o forte golpe asestado pola pandemia. E Baiona aproveitará para subirse a este Barco da man do Proxecto Exploraterra.

“O futuro da oferta turística e cultural pasa pola tecnoloxía, pola intelixencia artificial e polo uso de datos xa que o cliente está cada vez máis conectado e utiliza as ferramentas dixitais para ter unha oferta practicamente personalizada”, destaca o Alcalde, Carlos Gómez, á fronte tamén da Concellería de Turismo.
“A nosa idea da Vila é que Baiona adáptese aos novos medios da mellor forma posible para que a gocen tanto a nosa poboación e como os que veñen de fóra. É importante a aposta pola innovación porque nos permiten coñecer as sensacións do turista e así fortalecer o positivo e paliar a debilidade, pero tamén debemos seguir avanzando en accesibilidade e sustentabilidade, porque son como unha choiva fina que vai calando», finaliza.
Nese reto de posicionarse por diante doutros destinos desde a premisa da calidade e a dixitalización, e tamén desde a accesibilidade, aproveitarase o financiamento do Proxecto Exploraterra para apostar pola creación de audioguías polo Roteiro Pinzoniana, pola actualización da museografía da Replica da Carabela Pinta, a mellora do acceso a este museo flotante. Tamén se pretende dar un paso haxa nesta oferta e experiencia de turismo cultural e histórico con visitas guiadas polo Roteiro Pinzoniana e visitas caracterizadas por en a propia Carabela Pinta.

Relacionadas

A Deputación abre en xuño as portas do recinto conventual de Santa Clara para...

0
Terán lugar o venres 7 de xuño ás 18:00 horas e os días 8, 15, 16, 22 e 23 de xuño ás 11:00 horas....

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o próximo luns 6 de maio as...

0
Esta liña de subvencións está dotada con 200.000 euros e permitirá que as entidades locais creen ou ben manteñan e reforcen os servizos de...

O Salinas Club de Lectura pecha unha apretada axenda de escritores ata Nadal

0
Tralo éxito da xornada inaugural, as persoas lectoras están citadas para o 21 de maio con “O mar que nos leva”, de Moncha Fuentes César...

A Deputación aconsella extremar a vixilancia das viñas ante o mildio e o black...

0
Areeiro recomenda tratar tamén ante o mildio as patacas e plantas de horta xa que as choivas estes días e a subida de temperaturas...

Máis de 12.500 pinchos vendidos durante a I Edición de Pinchoterra

0
A ruta que contaba con 26 locais participantes superou cada venres o número depinchos elaborados reforzando o seu servizo debido a demanda do público. A...

O concello de Nigrán obtén a licencia para a creación dun ‘Bosque-Escola’ no CEIP...

0
O obxectivo é licitar ambos proxectos nas vindeiras semanas para emprender as obras durante o verán. Ambos foron deseñados polo arquitecto ideólogo do 'Sistema...

Publicacións Relacionadas