Home O Condado Mondariz O Goberno Municipal deixa sen utilizar as axudas previstas para as traídas...

O Goberno Municipal deixa sen utilizar as axudas previstas para as traídas e agua veciñais e destina os 5.000€ orzamentados para pagar facturas

- Anuncio -

Cando o BNG estaba na oposición dicía que “non é admisíbel destinar recursos económicos a cuestións menos importantes mentres que servizos básicos como o subministro de auga doméstico soportado pola veciñanza careza de calquera tipo de axuda ou subvención por parte do concello”

O Concello de Mondariz, a través dunha resolución da alcaldía, vén de baleirar a partida do
Orzamento Municipal de 2021 destinada a “Axudas para traídas veciñais”, que estaba dotada
de 5.000 €. O goberno municipal do BNG-PSOE decidiu destinar este importe a “levar a cabo a aprobación de facturas das áreas de gasto”, xa que a súa dotación “non vai ser usada”.

Cando o alcalde nacionalista estaba na oposición criticou de forma reiterada a Xoán C. Montes Bugarín e o seu equipo por non incluír nos orzamentos unha partida destinada ás traídas de auga veciñais. Naquela altura o BNG dicía que “hai que apoiar economicamente as traídas de augas veciñais, tanto polo aforro económico que o seu labor acarrexa aos usuarios e usuarias e ao propio concello, como tamén polo súa importante función na prestación de servizos dirixidos á fixación de poboación nas parroquias”.

Desenvolvemento rural
Outro tanto acontece cos 5.000 € que o goberno municipal destinou a desenvolvemento rural, que o goberno municipal deixou sen utilizar no ano 2021, un importe que agora tamén vai ser destinado a aboar facturas. “Asumo liderar un goberno que priorice as necesidades e promova o desenvolvemento económico e o emprego” dicía o que agora é alcalde de Mondariz en 20192
.
Nese mesmo boletín, o daquela candidato comprometíase a “axudar a desenvolver unha
economía para xerar traballo e riqueza na localidade apoiando ao comercio, empresas e
autónomos”.

AporM, por medio do seu portavoz Xoán C. Montes Bugarín, quere manifestar a contradición
escandalosa na que incorre o BNG, “que di unha cousa cando está na oposición e fai o
contrario cando está no goberno. Cando o alcalde aprobou o orzamento de 2021 dixo que era un día histórico para Mondariz porque, por vez primeira, se creaban partidas económicas para as traídas de auga veciñais e para desenvolvemento rural. Un ano máis tarde sabemos que os nacionalistas de Mondariz, cando están no goberno, descartan facer aquilo que consideraban imprescindible e prioritario cando estaban na oposición”.

Relacionadas

A Deputación abre en xuño as portas do recinto conventual de Santa Clara para...

0
Terán lugar o venres 7 de xuño ás 18:00 horas e os días 8, 15, 16, 22 e 23 de xuño ás 11:00 horas....

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o próximo luns 6 de maio as...

0
Esta liña de subvencións está dotada con 200.000 euros e permitirá que as entidades locais creen ou ben manteñan e reforcen os servizos de...

O Salinas Club de Lectura pecha unha apretada axenda de escritores ata Nadal

0
Tralo éxito da xornada inaugural, as persoas lectoras están citadas para o 21 de maio con “O mar que nos leva”, de Moncha Fuentes César...

A Deputación aconsella extremar a vixilancia das viñas ante o mildio e o black...

0
Areeiro recomenda tratar tamén ante o mildio as patacas e plantas de horta xa que as choivas estes días e a subida de temperaturas...

Máis de 12.500 pinchos vendidos durante a I Edición de Pinchoterra

0
A ruta que contaba con 26 locais participantes superou cada venres o número depinchos elaborados reforzando o seu servizo debido a demanda do público. A...

O concello de Nigrán obtén a licencia para a creación dun ‘Bosque-Escola’ no CEIP...

0
O obxectivo é licitar ambos proxectos nas vindeiras semanas para emprender as obras durante o verán. Ambos foron deseñados polo arquitecto ideólogo do 'Sistema...

Publicacións Relacionadas