Home O Condado Mondariz Mondariz debe a Mondariz Balneario 138.246 € pola falla de entendemento na...

Mondariz debe a Mondariz Balneario 138.246 € pola falla de entendemento na xestión da depuradora

- Anuncio -

Correspóndese cos exercicios dos anos 2019, 2020 e 2021

O Concello de Mondariz recoñece que debe ao de Mondariz Balneario 138.246,47 € que se
corresponden aos gastos da depuradora dos exercicios 2019-2020-2021. Así o recoñece o José Luís Fernández Piñeiro, concelleiro de facenda, nun documento oficial asinado o 25.01. 2022, que sinala que “o Concello de Mondariz Balneario non xustifica as cantidades facturadas para cada un dos exercicios”.

AporM sinala que o goberno municipal de Mondariz é incapaz de dialogar e chegar a acordos
co Concello de Mondariz Balneario, o que provoca que as augas sucias de Mondariz que
poderían ser tratadas na EDAR que a Xunta de Galicia construíu naquel concello a través dun colector (dotado para verteduras de 2.000 habitantes equivalentes), siga sen conectarse á depuradora.

Na actualidade a EDAR conta cunha autorización de vertedura ao río para 2.500 habitantes
equivalentes, sen embargo as súas características técnicas garanten a capacidade de
depuración das augas residuais de 6.000 habitantes equivalentes, polo que sería preciso
formalizar a conexión do colector de Mondariz e solicitar a autorización da Confederación
Hidrográfica para unha vertedura acorde á capacidade real da EDAR.

Montes Bugarín sinala que “os alcaldes de Mondariz e Mondariz Balneario teñen que entender tamén que si Mondariz non depura adecuadamente as súas augas sucias, o río Tea e ambos os dous concellos son os principais prexudicados, xa que o medio natural e os bañistas sofren as consecuencias”.

A solución?, diálogo con todos
Polo tanto: “solución supramunicipal, dialogada, que inclúa a construción dunha rede
separativa de pluviais e fecais por parte da Xunta de Galicia, esas son as claves para solucionar o problema ao tratamento de augas residuais de Mondariz”, resume Montes Bugarín. “Na construción da depuradora participaron todas as administracións, polo tanto na resolución das discrepancias que xera a súa xestión tamén deben implicarse todas elas. Calquera outra alternativa será un xesto para a galería, pero non traerá unha solución ao problema”, concluíu.

Relacionadas

200 ciclistas rodarán esta fin de semana na oitava edición da “Chanllenge Rías Baixas”

0
• A proba organizada polo club Master Louriña consta de tres etapas que pasarán por Mos, Ponteareas e O Porriño os días 4 e...

O Gran Premio Concello de Mos da Challenge As Rías Baixas será puntuable para...

0
Será o vindeiro sábado 4 de maio con saída e chegada ao Pazo de Mos A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de...

O Pleno de Mos aproba o cambio a uso docente da parcela do Rebullón...

0
Así inícianse os trámites necesarios para o proxecto, licitación e construción do novo centro O Pleno do Concello de Mos aprobou hoxe por maioría o...

O mellor surf déixase ver na Praia de Patos

0
O sábado 27 celebrouse próbaa Patos Surfing Kids da liga Nacional Surfing Kids na Praia de Patos (Nigrán). A proba foi organizada pola Federación...

Identificadas 39 especies na Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño este domingo

0
Con este exitoso percorrido comezaron as Rutas de Natureza que organiza o Concello Exitoso comezo esta fin de semana das Rutas de Natureza que promove...

Tui vive esta fin de semana festa do balonmán galego coa Final 4 cadete

0
O pavillón Gustavo Rodríguez acollerá o sábado as semifinais e o domingo as finais. O Balonmán Tui buscará na categoría masculina a praza para...

Publicacións Relacionadas