Home Pontevedra O Salnés O Plan Xacobeo Next Generatión investirá 27,4M€ na rehabilitación de 12 BICS...

O Plan Xacobeo Next Generatión investirá 27,4M€ na rehabilitación de 12 BICS da comunidade como a Casa Museo Valle Inclán de Vilanova de Arousa

- Anuncio -

― O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, visitou este Ben de Interese Cultural (BIC), un dos 12 da comunidade beneficiados de fondos europeos que se destinarán a levar a cabo intervencións no patrimonio histórico no Camiño de Santiago para destinalo a usos turísticos

― O Plan Xacobeo Next Generation está dotado con máis de 47 millóns para a reactivación do turismo e inclúe xunto coas melloras en BIC, outros 10M€ en 2 en accións de cohesión da Xunta para fomentar Galicia como destino de cicloturismo e o Camiño seguro en familia e promover a Ruta Xacobea Mar de Arousa e Río Ulla, así como 9,8M€ en 4 Plans de Sustentabilidade Turística de entidades locais

― Alfonso Rueda destacou a oportunidade histórica que supoñen os fondos europeos para dar a coñecer o Xacobeo 21-22

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, visitou esta mañá a Casa Museo Valle Inclán de Vilanova de Arousa, un dos 12 Bens de Interese Cultural (BIC) que se van a rehabilitar a través dos 27,4 millóns de euros que Galicia recibirá no marco do Plan Xacobeo Next Generation.

Este financiamento permitirá poñer en valor o patrimonio histórico ao longo dos Camiños de Santiago a través da súa rehabilitación para o desfrute dos visitantes e incluíndo melloras de sustentabilidade, accesibilidade e eficiencia enerxética, así como medidas coas que impulsar a modernización ou dixitalización destes espazos.

No acto de hoxe, ao que tamén asistiu a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, presentouse o proxecto para rehabilitar a Casa Museo Valle Inclán, a que fora vivenda natal do autor e na que se atopa unha recreación do inmoble nesa época e unha exposición sobre a súa biografía e a súa obra. Neste BIC investiranse case 523.000 euros para levar a cabo reparacións no interior e no exterior, melloras no axardinamento e embelecemento paisaxístico, a drenaxe e eliminación de humidades, a iluminación con tecnoloxía LED, a incorporación dun sistema de climatización e a dotación de contidos multimedia para a súa divulgación turística.

Ademais da Casa Museo Valle Inclán, son BIC beneficiarios destes fondos a Fortaleza de Monterrei, que percibirá 16,9M€; o parque do Pasatempo en Betanzos (1,8 M€); o arquipélago de Ons (1,69 M€); a paisaxe cultural da Ribeira Sacra (1,69 M€); a Ribeira do Lérez desde As Xunqueiras ata as Aceñas (1,21 M€); a Torre de Hércules (1,2 M€); o arquipélago de Sálvora (968.000€); o cárcere vello de Tui (484.000 €); as Torres do Oeste de Catoira (363.000 €); o conxunto histórico de Mondoñedo (330.000 €); e o castelo de Santa Cruz da Guarda (242.000€).

Os 27,4 millóns que se investirán na rehabilitación de 12 BICS da comunidade supoñen o 40% dos 65 millóns destinados no conxunto de España a este fin. Forman parte ademais dos máis de 47 millóns do Plan Xacobeo Next Generation, que ademais destas melloras no patrimonio histórico para usos turísticos, conta con 10 millóns para 2 Accións de Cohesión en Destino (ACD) promovidas polas Xunta e 9,8 millóns de 4 Plans de Sustentabilidade Turística en Destino de entidades locais.

Deste xeito, a promoción da Ruta Xacobea Mar de Arousa e Río Ulla (Traslatio), que tamén pasa por Vilanova de Arousa, é unha das 2 medidas da Xunta co obxectivo de captar turistas e peregrinos a través deste traxecto. Contará cun investimento de 3,1 millóns, mentres que outros 6,9 millóns destinaranse a outra acción encamiñada a fomentar Galicia como destino cicloturista e o Camiño seguro en familia.

En canto aos 4 Plans de Sustentabilidade Turística dispoñen dun investimento de 9,8 millóns de euros, para executar as propostas beneficiarias presentadas polos concellos de Vilagarcía e Oia, pola Mancomunidade do Salnés e pola Deputación de Pontevedra.

Alfonso Rueda destacou que os fondos europeos supoñen unha oportunidade histórica para dar a coñecer o Xacobeo 21-22. No que se refire á rehabilitación dos BIC destacou o impacto que que terán as intevencións nas persoas que transitan os Camiños de Santiago e para os cidadáns que habitan nas localidades do Camiño, xa que poden supoñer unha oportunidade de dinamización económica e de desenvolvemento do emprego nestes territorios.
Tamén lembrou o traballo da Xunta para poñer en valor os recursos das rutas xacobeas e o embelecemento da súa contorna, a través das accións incluídas no Plan Director do Camiño de Santiago 2015-2021, que sumaron un investimento de máis de 43,5 millóns de euros no mantemento dos itinerarios e albergues e na mellora da seguridade viaria.

Relacionadas

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Publicacións Relacionadas