Home Deputacións Deputación Pontevedra Moaña acolle a obra de teatro "As Alumnas" sobre a historia da...

Moaña acolle a obra de teatro “As Alumnas” sobre a historia da pedagoga María Barbeito

- Anuncio -

A representación inclúese no ciclo de teatro ‘Barracas’ do departamento de Memoria Histórica da Deputación

Será hoxe venres 18 ás 20 horas na sala Celso Parada con entrada de balde e sen reserva previa

Moaña vai acoller este venres a obra de teatro ‘As alumnas’ da compañía Culturactiva sobre a historia da pedagoga María Barbeito. Trátase dunha representación incluída no ciclo de teatro ‘Barracas’ posto en marcha polo departamento de Memoria Histórica da Deputación que tamén levará á escena obras relacionadas co golpe de Estado do 36, a ditadura e a represión franquista a outras localidades como Vilagarcía, Silleda, Gondomar, Tomiño ou O Grove.

A peza representarase este venres ás oito da tarde na Sala Celso Parada Quintela do Centro Social Cultural Daniel Castelao con entrada de balde e sen reserva previa, ata completar capacidade.

A deputada de Memoria Histórica María Ortega explica que coa programación deste ciclo de teatro sobre memoria a Deputación pretende dous obxectivos: garantir que as compañías teatrais do país conten con respaldo económico que as anime a proxectar textos referentes á memoria e espallar entre a cidadanía a memoria con perspectiva de país, xénero e clase.

‘As alumnas’ pon o foco na “imprescindible” figura de María Barbeito, unha muller revolucionaria a nivel pedagóxico e no desenvolvemento cultural de Galicia. O texto da peza foi feito por Paula Carballeira quen, alén de facer un traballo documental, recolleu o romper do silencio de dúas alumnas da propia mestra ao xuntarse no momento do seu enterro. A dirección é de Fina Calleja e as alumnas son encarnadas por Anabel Galo e Mónica Caamaño. A escenografía é de Carlos Domínguez, a luz é de Del Ruíz Giménez, o espazo sonoro de Ramón Raíndo e o vestiario de La Canalla.

A obra, dirixida a un público adulto e posta en escena pola compañía Culturactiva, pon de relevo como o franquismo significou un enorme retroceso na educación do Estado, especialmente para as mulleres. As dúas personaxes femininas representan dous casos concretos de mulleres no marco histórico anterior e posterior á Guerra Civil, que levan ás transformacións sociais do momento. ‘As Alumnas’ busca facer un exercicio de reapropiación da realidade colectiva e individual, que se opoña ao relato hexemónico, para reconstruír a memoria e espazos imaxinarios do país, creándose así un acto ético-estético que se complementa coa participación de persoas espectadoras activas.

Relacionadas

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Publicacións Relacionadas