Home O Salnés Meis O BNG fai un chamamento a participar nun acto aberto sobre sanidade

O BNG fai un chamamento a participar nun acto aberto sobre sanidade

- Anuncio -

Participan Montse Prado, deputada do BNG; César Rajoy, técnico de emerxencias sanitarias e Xoán Manuel Vázquez, portavoz municipal

O BNG de Meis organiza unha charla informativa sobre a situación da Sanidade Pública Galega que terá lugar o vindeiro sábado, ás 19:30 h., no Local do Multiusos do Mosteiro.

Os problemas derivados dos recortes da Xunta durante os últimos 12 anos de goberno do PP que afectan a toda a sanidade pública galega, agravouse aínda máis coa pandemia con longas listas de espera, ou falta de profesionais e eliminación do servizo de Pediatría e peches de consultorios en moitos concellos como no caso de Meis.

Esta situación de deterioro na sanidade galega tamén se pode ver nos servizos hospitalarios con retrasos nas consultas de especialistas, probas diagnósticas ou intervencións cirúrxicas.

Desde o BNG de Meis queremos dar a coñecer as nosas propostas a esta situación polo que facemos un chamamento á veciñanza de Meis a participar neste acto.

Relacionadas

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Publicacións Relacionadas