Home Baixo Miño A Guarda Juan A. González, rexedor de Nigrán, novo representante institucional do Xeodestino Ría...

Juan A. González, rexedor de Nigrán, novo representante institucional do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño

- Anuncio -

Alcaldesas, alcaldes, edís e persoal técnico dos 14 concellos reuníronse este mércores para continuar traballando no plan de acción para este 2022 e no Plan de Sostibilidade Turística en Destino

O Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño continúa dando pasos cara a unha xestión turística unificada, optimizando recursos estruturados e organizados e implementando medidas que faciliten a creación e comercialización de produtos turísticos diferenciados. Nese camiño, este mércores 6 alcaldesas, alcaldes, edís e persoal técnico dos 14 concellos que aglutinan o Xeodestino (A Guarda, Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, O Porriño, O Rosal, Oia, Pazos de Borbén, Redondela, Soutomaior, Tomiño e Tui) celebraron unha nova reunión de traballo na que o rexedor nigranés Juan A. González foi ratificado como novo representante institucional.
O alcalde de Nigrán dá así o relevo á rexedora de Mos, Nidia Arévalo, que estivo ao fronte do cargo durante os dous últimos anos, xa que renovou como representante tras frear a pandemia o calendario de accións e reactivar a actividade programada o ano pasado. No encontro participaron tamén Antonio Lomba, rexedor da Guarda; Carlos Gómez, alcalde de Baiona; Francisco Ferreira, alcalde de Gondomar; Alejandro Lorenzo, rexedor do Porriño; Ánxela Fernández, alcaldesa do Rosal; Cristina Correa, rexedora de Oia; e Sandra González, alcaldesa de Tomiño, así como a concelleira de Gondomar, Rocío Goberna; a Pazos de Borbén, Eloísa Nogueira; a de Redondela María Castro Abad; a de Soutomaior, Cristina González; e a de Tui, Ana Núñez.
O persoal técnico realizou unha reunión previa no auditorio municipal de Nigrán para seguir avanzando en perfilar as accións que se van a incluír no Plan de Sostibilidade Turística en Destino, un instrumento co que o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño busca dar pulo á transformación do territorio baseándose nun produto turístico sustentable.
Tras ese encontro, a reunión trasladouse ao salón de plenos do Concello de Nigrán onde, tras a benvida de Juan A. González a todas as persoas asistentes, os técnicos e técnicas trasladaron aos rexedores e rexedoras una aproximación das accións que se incluirán dentro do Plan de Sostibilidade Turístico para darlles a coñecer os seus puntos claves. Tamén trasladaron as accións que se van desenvolver dentro do plan de acción para este ano 2022 no Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño. Os alcaldes e alcaldesas tamén foron informados sobre o convenio asinado anualmente con Turismo de Galicia, que continuará apostando polas sinerxías entre empresas e entidades turísticas coa posta en marcha de novos encontros de networking como os desenvolvidos durante este ano e que tan boa acollida tiveron. Ao longo dos vindeiros meses tamén levará a cabo un acto de presentación de destino en Portugal

Relacionadas

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Publicacións Relacionadas