Home Pontevedra Deza Desaparecen as pancartas instaladas na PO-960

Desaparecen as pancartas instaladas na PO-960

- Anuncio -
  • Taboada está indignado con esta forma de actuar ao subtraer unhas pancartas que reivindican a reparación da PO-960 pola Xunta de Galicia.
  • Luís Taboada pide a colaboración cidadá para dar cos responsable deste acto, vergoñoso e sen sentido.

Hai uns días varias chamadas dos veciños alertaban ao alcalde Luís Taboada de que estaban a desaparecer as pancartas instaladas como método de presión para que a Xunta de Galicia arranxe dunha vez por todas a PO-960, que se atopa nun estado lamentable.

Taboada desprazouse no día de hoxe para comprobar cantas pancartas subtraéronse, e a súa sorpresa foi máxima, ao comprobar que desapareceran todas as pancartas que se colocaron, Taboada segue afirmando que unha das prioridades do equipo de goberno desde que chegaron e tomaron as rendas do consistorio é a PO-960, unha vía moi transitada que une a Vila de Cruces con Santiago de Compostela e que utilizan centos de cruceños e cruceñas a diario.

Por este motivo Luís Taboada non entende a actitude de quen se encargou de facer desaparecer estas pancartas reivindicativas, persoa ou persoas que o único que conseguiron é que esta estrada volva ser noticia.

O alcalde Taboada xa confirmou que en breve instalásense as pancartas novamente, cunha condición, que agora visto o ocorrido tamén se instalará unha pancarta solicitando a reparación da PO-960 no balcón do consistorio, ao ver que non todo o mundo está conforme con que o grupo de goberno este presionando á Xunta de Galicia para que realicen unhas actuacións que levan solicitando desde que Taboada chegou á alcaldía, sen éxito ata o momento.

Taboada aínda non recibiu contestación da Conselleira Ethel Vázquez á súa petición de reunión, algo que entende nestes momentos de incerteza no PP cos cambios que se aveciñan, pero estará pendente e se no mes de maio (que o PP dixo que xa cada un estaría no seu posto) non ten contestación ás súas peticións, garante que o novo presidente da Xunta atoparase coa primeira manifestación do seu mandato.

De momento Taboada volverá instalar as pancartas onde novamente poderase ler “” Cansados de esperar, só quédanos actuar”” a mesma frase para dar continuidade ás previsións marcadas, e solicita aos veciños e veciñas concienciación nunha obra que é para todos, e sobre todo que se teñen información destes actos vandálicos contra as pancartas reivindicativas, que non dubiden en informar dos mesmos, para erradicalos.

XUNTOS CONSEGUIREMOLO ¡Arranxo dá estrada PO-960 xa!

Relacionadas

A Deputación abre en xuño as portas do recinto conventual de Santa Clara para...

0
Terán lugar o venres 7 de xuño ás 18:00 horas e os días 8, 15, 16, 22 e 23 de xuño ás 11:00 horas....

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o próximo luns 6 de maio as...

0
Esta liña de subvencións está dotada con 200.000 euros e permitirá que as entidades locais creen ou ben manteñan e reforcen os servizos de...

O Salinas Club de Lectura pecha unha apretada axenda de escritores ata Nadal

0
Tralo éxito da xornada inaugural, as persoas lectoras están citadas para o 21 de maio con “O mar que nos leva”, de Moncha Fuentes César...

A Deputación aconsella extremar a vixilancia das viñas ante o mildio e o black...

0
Areeiro recomenda tratar tamén ante o mildio as patacas e plantas de horta xa que as choivas estes días e a subida de temperaturas...

Máis de 12.500 pinchos vendidos durante a I Edición de Pinchoterra

0
A ruta que contaba con 26 locais participantes superou cada venres o número depinchos elaborados reforzando o seu servizo debido a demanda do público. A...

O concello de Nigrán obtén a licencia para a creación dun ‘Bosque-Escola’ no CEIP...

0
O obxectivo é licitar ambos proxectos nas vindeiras semanas para emprender as obras durante o verán. Ambos foron deseñados polo arquitecto ideólogo do 'Sistema...

Publicacións Relacionadas