Home Pontevedra O concello de Salceda de Caselas solicita financiamento a través dunha subvención...

O concello de Salceda de Caselas solicita financiamento a través dunha subvención para a construción dun centro de DIA

- Anuncio -

O concello de Salceda de Caselas, ven de solicitar a súa participación no Plan de Investimentos para a construción, reforma ou ampliación de equipamentos sociais públicos municipais integrado dentro do acordo asinado entre o Consorcio Galego de Igualdade e Benestar e a Federación Galega de Municipios e Provincias.

Solicitouse a participación para o financiamento da construción dun Centro de Dia en Salceda de Caselas de 1.000 metros cadrados cunha capacidade para atender a 40 usuarios/as. O edificio igualmente contará coas últimas dotacións en relación cos seus sistemas de eficiencia enerxética e o uso de enerxías renovables.

Dende o goberno municipal considérase o centro de DIA un servizo imprescindible, non so para o coidado das persoas maiores senón tamén para acadar a conciliación, xa que son as mulleres as que na maior parte dos casos se encargan dos coidados das mesmas. Salceda conta cunha poboación de mais de 1.500 veciños e veciñas maiores de 65 anos.

A subvención solicitada para a construción do centro de DIA encádrase dentro do marco dos fondos europeos procedentes do mecanismo de recuperación e resiliencia que están sendo xestionados a través do convenio asinado entre o Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 e a comunidade autónoma galega.

A concelleira de Benestar Social Ángela Ledo Souto e a alcaldesa Verónica Tourón destacaron a importancia de que Salceda poida contar coas dotacións e infraestruturas necesarias para asegurar nun futuro os mellores servizos e coidados para os nosos maiores e aplicar políticas que fagan fronte ao reto demográfico relacionado co envellecemento da poboación nos entornos rurais.

Relacionadas

A Deputación abre en xuño as portas do recinto conventual de Santa Clara para...

0
Terán lugar o venres 7 de xuño ás 18:00 horas e os días 8, 15, 16, 22 e 23 de xuño ás 11:00 horas....

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o próximo luns 6 de maio as...

0
Esta liña de subvencións está dotada con 200.000 euros e permitirá que as entidades locais creen ou ben manteñan e reforcen os servizos de...

O Salinas Club de Lectura pecha unha apretada axenda de escritores ata Nadal

0
Tralo éxito da xornada inaugural, as persoas lectoras están citadas para o 21 de maio con “O mar que nos leva”, de Moncha Fuentes César...

A Deputación aconsella extremar a vixilancia das viñas ante o mildio e o black...

0
Areeiro recomenda tratar tamén ante o mildio as patacas e plantas de horta xa que as choivas estes días e a subida de temperaturas...

Máis de 12.500 pinchos vendidos durante a I Edición de Pinchoterra

0
A ruta que contaba con 26 locais participantes superou cada venres o número depinchos elaborados reforzando o seu servizo debido a demanda do público. A...

O concello de Nigrán obtén a licencia para a creación dun ‘Bosque-Escola’ no CEIP...

0
O obxectivo é licitar ambos proxectos nas vindeiras semanas para emprender as obras durante o verán. Ambos foron deseñados polo arquitecto ideólogo do 'Sistema...

Publicacións Relacionadas