Home Lugo A Mariña Occidental Míriam Bermúdez demanda renovar o parque de Portochao, actualmente un perigo para...

Míriam Bermúdez demanda renovar o parque de Portochao, actualmente un perigo para as crianzas

- Anuncio -

A zona infantil da área recreativa de Portochao, atópase nun estado lamentable e incluso perigoso para as crianzas que ali xogan e desfrutan. Todos os xogos e instalacións están rotos e xa pasaron por varias reparacións deficientes. Do mesmo xeito, as mesas e cartelería da zona presentan un perigo con pezas rotas ou en moi mal estado, incluso con puntas oxidadas e soltas.

Esta área é utilizada tanto pola veciñanza da contorna como para aqueles que chegan camiñando polo paseo fluvial do Landro, iso si, só no verán, pois o Goberno municipal decidiu darlle un uso estacional a este paseo en contra da proposta do BNG de colocar malla e afirmando que “hai outros lugares por onde pasear”. Ademais existen na contorna varios establecementos turísticos, agardando tamén a que o Goberno decida executar a área de autocaravanas proposta tamén polo BNG e aprobada en Pleno.

Polo exposto, Míriam Bermúdez demanda á equipa de María Loureiro que avalie o estado da área recreativa de Portochao e acometa de forma urxente a renovación de xogos e mobiliario público valorando o uso de materiais que, dadas a características da área, teñan maior durabilidade.

Relacionadas

A Xunta aposta pola mellora paisaxística da Ribeira Sacra co acondicionamento do miradoiro de...

0
Ángeles Vázquez incide no obxectivo de dotar a veciñanza e visitantes dun espazo desde o que desfrutar dos excepcionais valores estéticos da paisaxe da...

A Xunta completa a renovación das instalacións do Centro de Recuperación de Fauna Silvestre...

0
— Ángeles Vázquez explica que as actuacións rematan esta semana e permiten dar un paso máis na conservación e recuperación das especies de fauna...

FEIRACO patrocina os VI Premios Stephen Hawking, que se entregarán este venres no IES...

0
Un total de 54 traballos aspiran a alzarse coa sexta edición deste premio, coordinado por Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e...

Edificios públicos das sete cidades galegas iluminaranse de vermello polo Día Mundial da Hemofilia

0
Dende a asociación Agadhemo queren visibilizar esta doenza que en Galicia afecta a máis de 300 persoas. O 17 de abril conmemórase o Día Mundial...

A Xunta comezará a vindeira semana traballos de limpeza nas marxes de catro estradas...

0
― Iniciaranse traballos de roza nas estradas AC-861, en San Sadurniño, e na LU-616, ao paso polo concello do Saviñao ― Tamén comezarán labores de...

A Xunta de Galicia aprobou de forma inicial o Plan Básico Municipal de Alfoz...

0
Ángeles Vázquez salienta que é o sétimo municipio lucense en superar este trámite para contar cunha ferramenta que ten como obxectivo impulsar unha ordenación...

Publicacións Relacionadas