Home O Morrazo Bueu O Museo Massó de Bueu comeza esta semana as actividades conmemorativas do...

O Museo Massó de Bueu comeza esta semana as actividades conmemorativas do Día Internacional dos Museos

- Anuncio -

Haberá visitas guiadas todos os domingos de maio e na fin de semana do 21 e 22 desenvolveranse un obradoiro didáctico para todos os públicos e un percorrido pola antiga fábrica de salga de Mourisca

O Museo Massó de Bueu inicia xa esta semana as actividades conmemorativas do Día Internacional dos Museos, que se celebra o 18 de maio. Haberá visitas guiadas todos os domingos do mes e na fin de semana do 21 e 22 desenvolveranse un obradoiro didáctico e un percorrido pola antiga fábrica de salga de Mourisca. Trátase de propostas de balde e para todos os públicos.

Así, este domingo día 8, as persoas que se acheguen ao museo entre as 12,30 e as 13,30 horas disporán de guía no percorrido pola exposición permanente, para embarcarse na aventura da conquista do mar durante o período das grandes expedicións marítimas.

Poderán afondar tamén no coñecemento sobre a explotación dos recursos do mar, cun achegamento á historia das industrias pesqueiras, da salgadura, das conservas e da industria baleeira. A participación na actividade, que se repetirá todos os domingos do mes non precisa inscrición previa.

Importancia histórica do sal
Ademais, o sábado 21 ás 12,00 horas desenvolverase o obradoiro didáctico O sal do mar, centrado no papel fundamental do sal na conservación dos alimentos e na importancia da súa comercialización, así como nas repercusións económicas e políticas ao longo da historia. Incidirase especialmente no seu uso en Galicia para a conservación do peixe e na proliferación da industria salgadeira no século XIX.

Como complemento, o domingo 22, realizarase unha visita guiada á antiga fábrica de salga de Mourisca, creada no século XIX e que pertenceu á familia Massó. Os seus actuais propietarios restaurárona recentemente para a súa posta en valor como testemuño histórico. Estas dúas últimas actividades si requiren de inscrición previa.

Relacionadas

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Publicacións Relacionadas