Home Pontevedra O Condado O Concello de Ponteareas aproba definitivamente os seus orzamentos para 2022, que...

O Concello de Ponteareas aproba definitivamente os seus orzamentos para 2022, que consolidan os grandes investimentos e os servizos públicos

- Anuncio -

Déronselle luz verde este venres en pleno extraordinario

O Concello de Ponteareas aprobou este venres en pleno extraordinario os seus orzamentos para a anualidade 2022, unhas contas que alcanzan unha cifra próxima aos 19 millóns de euros que “permitirán consolidar os grandes proxectos e investimentos polos que a veciñanza levaba anos agardando e que no goberno municipal do BNG-PSOE puxemos en marcha cun grande esforzo para sanear economicamente o Concello e lograr así a transformación de Ponteareas”.

Tras a desestimación das tres alegacións presentadas aos orzamentos, como indicaban os informes técnicos, o pleno deu luz verde ás novas contas para este ano por maioría, con 12 votos a favor e 9 en contra. Con esta aprobación Ponteareas poderá consolidar a “normalidade” no desenvolvemento económico do Concello e contar cuns orzamentos anuais que permitan atender con solvencia todos os servizos básicos, reforzar os servizos públicos e levar adiante novos investimentos sen poñer en risco a situación financeira.

Nesta sesión plenaria extraordinaria, o Concello aprobou tamén por maioría unha modificación puntual da Relación de Postos de Traballo que permitirá actualizar o cadro de persoal para adaptalo á realidade das distintas áreas e poder mellorar os servizos á veciñanza. A proposta contou con 12 votos a favor, catro en contra e cinco abstencións.

Por outra banda, o pleno deu luz verde tamén á revisión de prezos sobre o contrato de concesión para a xestión indirecta do servizo de recollida de transporte de refugallos sólidos urbanos, da xestión do punto limpo municipal e da limpeza da vía pública.

Relacionadas

A Deputación abre en xuño as portas do recinto conventual de Santa Clara para...

0
Terán lugar o venres 7 de xuño ás 18:00 horas e os días 8, 15, 16, 22 e 23 de xuño ás 11:00 horas....

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o próximo luns 6 de maio as...

0
Esta liña de subvencións está dotada con 200.000 euros e permitirá que as entidades locais creen ou ben manteñan e reforcen os servizos de...

O Salinas Club de Lectura pecha unha apretada axenda de escritores ata Nadal

0
Tralo éxito da xornada inaugural, as persoas lectoras están citadas para o 21 de maio con “O mar que nos leva”, de Moncha Fuentes César...

A Deputación aconsella extremar a vixilancia das viñas ante o mildio e o black...

0
Areeiro recomenda tratar tamén ante o mildio as patacas e plantas de horta xa que as choivas estes días e a subida de temperaturas...

Máis de 12.500 pinchos vendidos durante a I Edición de Pinchoterra

0
A ruta que contaba con 26 locais participantes superou cada venres o número depinchos elaborados reforzando o seu servizo debido a demanda do público. A...

O concello de Nigrán obtén a licencia para a creación dun ‘Bosque-Escola’ no CEIP...

0
O obxectivo é licitar ambos proxectos nas vindeiras semanas para emprender as obras durante o verán. Ambos foron deseñados polo arquitecto ideólogo do 'Sistema...

Publicacións Relacionadas