Home Tabeirós A Estrada A beleza das maceiras en flor deslumbra esta fin de semana en...

A beleza das maceiras en flor deslumbra esta fin de semana en terras da Estrada

- Anuncio -

A presidenta Carmela Silva participou este domingo do espectáculo visual e na cata degustación da sidra de mazá ecolóxica: “Temos un rural espectacular e xa traballamos para dar un salto cualitativo e impulsar proxectos como este”

O chamado “Jerte galego” non defraudou. Con todas as prazas esgotadas, as rutas das “Maceiras en Flor”, organizadas un ano máis pola Deputación de Pontevedra, superaron todas as expectativas esta fin de semana nas terras da Estrada, tanto o sábado como o domingo cando a propia presidenta provincial, Carmela Silva, se sumou á visita á plantación de Callobre e despois á cata e degustación na Sidrería Rabiosa. Ribela, A Peroja e Camino foron as outras tres rutas nas que participaron case 200 persoas que desfrutaron dun espectáculo visual único, no momento de maior esplendor da floración das maceiras, e dunha experiencia que activa todos os sentidos coas texturas e sabores da sidra feita en lagares artesás cunha produción cen por cen ecolóxica. Unhas rutas, que a presidenta provincial cualificou de gran proxecto que ten por obxectivo “apoiar todo o que ten que ver coa creación da riqueza no rural sen perder a súa identidade”.

Carmela Silva, que recordou que a comarca de Tabeirós-Terra de Montes é líder no noroeste peninsular na produción de mazá ecolóxica, puxo en valor “o importantísimo traballo das sidrerías que se fai no rural, un sector que hai que apoiar porque, amais de fixar poboación e apostar por un produto de proximidade, calidade e sostibilidade, representa tamén un produto de turismo exclusivo e singular do destino Pontevedra Provincia que impulsa a desestacionalización e o apoio ao patrimonio material e inmaterial”. A presidenta avanzou que xa se está a traballar con axencias para establecer paquetes turísticos con proxectos como este vinculados ao territorio “que cheguen tamén ao interior da provincia onde temos un rural que é espectacular. Queremos dar ese salto cualitativo para atraer visitantes nun proxecto tan identificativo da provincia”

Na visita á plantación de maceiras, tanto a presidenta provincial, acompañada de Orlando Villamayor, responsable da adega que segue co legado familiar, e das persoas que participaron nas rutas, admiraron a espectacular sobreira de Valiñas que ronda os 300 anos de antigüidade e ten 21 metros de altura o que a converte nun dos exemplares máis importantes da especie en Galicia. Xa nas instalacións da Sidrería Rabiosa, ao igual que nas visitas a Ribela, A Peroja e Camino, desfrutaron dunha cata degustación da sidra obtida coa mazá orgánica “que está ao nivel das mellores do mundo”. De feito, o sector traballa na comercialización internacional dos produtos orgánicos e amosando que o futuro está en apostar pola economía circular, pechando o ciclo de produción, procesamento, comercialización e reciclaxe da mazá.

Relacionadas

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Publicacións Relacionadas