Home Pontevedra Baixo Miño A humanización da Avenida de Portugal suporá unha mellora importante e prioritaria...

A humanización da Avenida de Portugal suporá unha mellora importante e prioritaria da entrada en Galicia dende Portugal

- Anuncio -

Hoxe publícase no BOE o anuncio de licitación da obra

A humanización da Avenida de Portugal suporá un investimento superior aos 600 mil euros. Trátase dunha obra “prioritaria e moi necesaria que contribuirá á transformar esta vía” segundo explicaba o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro. O rexedor tudense lembra que a execución desta humanización é unha vella reivindicación que está máis próxima de facerse realidade.

Hoxe mesmo no Boletín Oficial do Estado publícase o anuncio de licitación da Dirección General de Carreteras de “Adecuación y mejora de seguridad vial. Carretera N-551 P.K. 1+400 a 1+850. Término municipal de Tui”. As empresas interesadas teñen até ás 19 h do 20 de xullo para presentar as súas ofertas.

A actuación prevista, cun importe de 604.916 executarase nun tramo de 400 metros dende a intersección entre a N-551 e a N-550 no cruce do Parador Nacional de Turismo, e a vella Ponte Internacional.

Con esta actuación mellorarase tanto a seguridade vial coma estética deste tramo que é a entrada a España dende Portugal, e que é a porta de entrada do Camiño de Portugués de Santiago a Galicia. Contémplase o ensanchado da beirarrúas, e a colocación de arborado.
Ante a licitación desta obra o alcalde de Tui sinala que é “tan importante coma esperada toda vez que é un proxecto no que levamos traballando e loitando por el dende hai moito tempo”. Lembraba así a moción aprobada en pleno en 2011 instando ao Estado a adecuar esta vía, e coma en 2015 cando accedeu ao goberno foi a primeira memoria de actuación urbana realizada.

Engade Enrique Cabaleiro que é “unha obra importante para Tui pero importante tamén para Galicia e para España. Non podemos esquecer que esa é a principal porta de entrada de Portugal no noso país, Camiño de Santiago, e polo tanto era unha obra prioritaria, moi necesaria e que dalgunha forma contribuirá a transformar esa vía e tamén a percepción que poidan ter aquelas persoas que dende Portugal entran en Galicia pola mesma”.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, sinala que “se todo vai ben as obras poderían comezar a executarse no último trimestre deste ano ou comezos de 2023” confiando que a este proxecto non afecte o sobrecusto que se está a rexistrar nas obras dende que se proxectan até que se executan.

Relacionadas

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Publicacións Relacionadas