Home Vigo Nigrán O concello de Nigrán ofrece este sábado na Igrexa de San Fiz...

O concello de Nigrán ofrece este sábado na Igrexa de San Fiz o seu primeiro certame de corais “Ars Canendi”

- Anuncio -

Participa o Coro de Cámara Ainur (Illas Canarias) e as corais Santiago Apóstol e Coro Encanto, ambas de Madrid. O evento estaba previsto para o ano 2020 pero tivo que ser aplazado pola pandemia

O Concello de Nigrán ofrece este sábado 2 de Xullo a partir das 19:30 horas na Igrexa de San Fiz (Nigrán) o seu I Certame Internacional de Música Coral “Ars Canendi: As voces no Camiño” despois de dous anos paralizado pola pandemia. Finalmente, participarán neste concurso de música sacra o Coro de Cámara Ainur (Illas Canarias) e as corais Santiago Apóstol (Madrid) e a súa sección xuvenil Coro Encanto. Ademais dos premios para o primeiro, segundo e terceiro clasificado haberá un premio especial de 500 € á mellor interpretación dunha obra composta para a ocasión, “Ave Maris Stella”, de Javier Fajardo. O xurado estará formado polos prestixiosos directores de coro Nuria Fernández, Joan Company, Javier Fajardo, Javier Domínguez e a mezzosoprano Nuria Lorenzo.

A concelleira de Cultura, Nuria Lorenzo, directora a súa vez do coro Gli Appassionati, quere “converter a Nigrán nun referente nacional e mesmo internacional da música coral de calidade” ao tempo que se propicia o intercambio de estilos, interpretación, educación vocal e diferentes maneiras de entender a música coral.

Relacionadas

A Deputación abre en xuño as portas do recinto conventual de Santa Clara para...

0
Terán lugar o venres 7 de xuño ás 18:00 horas e os días 8, 15, 16, 22 e 23 de xuño ás 11:00 horas....

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o próximo luns 6 de maio as...

0
Esta liña de subvencións está dotada con 200.000 euros e permitirá que as entidades locais creen ou ben manteñan e reforcen os servizos de...

O Salinas Club de Lectura pecha unha apretada axenda de escritores ata Nadal

0
Tralo éxito da xornada inaugural, as persoas lectoras están citadas para o 21 de maio con “O mar que nos leva”, de Moncha Fuentes César...

A Deputación aconsella extremar a vixilancia das viñas ante o mildio e o black...

0
Areeiro recomenda tratar tamén ante o mildio as patacas e plantas de horta xa que as choivas estes días e a subida de temperaturas...

Máis de 12.500 pinchos vendidos durante a I Edición de Pinchoterra

0
A ruta que contaba con 26 locais participantes superou cada venres o número depinchos elaborados reforzando o seu servizo debido a demanda do público. A...

O concello de Nigrán obtén a licencia para a creación dun ‘Bosque-Escola’ no CEIP...

0
O obxectivo é licitar ambos proxectos nas vindeiras semanas para emprender as obras durante o verán. Ambos foron deseñados polo arquitecto ideólogo do 'Sistema...

Publicacións Relacionadas