Home Pontevedra A Lama A Xunta mobiliza 1,2M€ en nove concellos de Pontevedra para a mellora...

A Xunta mobiliza 1,2M€ en nove concellos de Pontevedra para a mellora dos seus polígonos empresariais e a creación de viveiros industriais

- Anuncio -

— A través da liña de apoios que o Goberno galego destina aos concellos para mellorar o seu equipamento industrial, Dozón realizou obras en beirarrúas nos viais de acceso ao polígono e construíu un viveiro


— Agora sumará un novo espazo para empresas, cunha mobilización de 300.000 euros


— Outros oito concellos pontevedreses benefícianse este ano das axudas para parques empresariais, que acadan na provincia un investimento público-privado de 920.000 euros


— É o caso da Cañiza, A Lama, Arbo, Cambados, Campo Lameiro, Ribadumia, Salvaterra do Miño e Valga


— O vicepresidente económico puxo de manifesto a importancia de afondar na colaboración entre administracións con iniciativas como a dos Concellos Emprendedores, na que participa Dozón e que lle permite beneficiarse destes apoios a cambio de favorecer a implantación de novo tecido empresarial na súa localidade

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, avanzou hoxe que a Xunta de Galicia vai mobilizar 1,2 millóns de euros en nove concellos da provincia de Pontevedra para que poidan mellorar as infraestruturas e servizos dos seus polígonos empresariais e implantar viveiros industriais.

Conde, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, visitou hoxe no parque empresarial de Dozón a parcela onde se instalará o futuro viveiro industrial, cun investimento público-privado de 300.000 euros. A superficie útil da nave será de 459,94 m2 e contará cun espazo para acoller iniciativas empresariais, así como unha zona industrial. Trátase dunha actuación que se enmarca na liña de apoios que o Goberno galego destina este ano aos concellos para mellorar o equipamento dos seus polígonos e para implantar viveiros de empresas. En total, son 4,75M€ de orzamento para toda Galicia que van mobilizar 6,6M€ e beneficiar a 43 municipios.

No caso concreto da provincia de Pontevedra, ademais deste viveiro no municipio de Dozón, son oito os concellos beneficiados con axudas para a mellora de infraestruturas nos polígonos empresariais, que suman na provincia un investimento público-privado de 920.000 euros. Trátase da Cañiza, A Lama, Arbo, Cambados, Campo Lameiro, Ribadumia, Salvaterra do Miño e Valga.

O vicepresidente económico aproveitou a visita para achegarse ás actuacións xa realizadas en Dozón, correspondentes a anteriores convocatorias destas axudas, como as obras de mellora de beirarrúas nos viais de acceso ao parque empresarial, cunha mobilización de preto de 150.000 euros ou un primeiro viveiro xa construído -e ocupado ao 100%- cun investimento público-privado de 300.000 euros.

Conde apuntou que estas dúas liñas de apoio están pensadas para fortalecer o tecido empresarial dos concellos galegos desde o punto de vista da competitividade e as infraestruturas. Son apoios, abondou, que, ademais de favorecer a creación de novas empresas a través dos viveiros, buscan ser unha chamada a novos investimentos.

Concellos Emprendedores
Durante a súa intervención, o vicepresidente primeiro puxo de manifesto a importancia de afondar na colaboración entre administracións. Neste sentido, subliñou o papel protagonista que teñen os Concellos Emprendedores, como é o caso de Dozón, que son os principais beneficiarios destes apoios.

Os Concellos Emprendedores cooperan coa Xunta de Galicia para facilitar ás empresas o seu desenvolvemento sobre o territorio a través de beneficios fiscais, acceso a solo e facilitades administrativas; unha colaboración que, a cambio, permite a estas localidades ter prioridade en ordes de axudas como as dirixidas á mellora de parques empresariais e á creación de viveiros industriais.

No caso do municipio de Dozón, desde que é Concello Emprendedor, xa leva aprobadas axudas entre 2019 e 2021 que ascenden a 660.000 euros.

Relacionadas

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Publicacións Relacionadas