Home Pontevedra Caldas O PPdeG de Portas lamenta ter que sacar adiante en solitario o...

O PPdeG de Portas lamenta ter que sacar adiante en solitario o financiamento para o campo de fútbol de Romai, pese a ser un compromiso de todos os grupos

- Anuncio -

O alcalde, Ricardo Martínez, non entende como despois de que BNG e VUP levaran tamén nos seus programas esta infraestrutura deportiva se “deixen colgados aos veciños” no momento de ter que dotar económicamente o proxecto

O Pleno da Corporación Municipal do Concello de Portas aprobou, cos votos en solitario do Partido Popular, a instrumentación dunha operación financeira que permitirá que os veciños e veciñas de Romai dispoñan o máis axiña posible dun campo de fútbol moderno e funcional, tal e como se lle prometera á veciñanza nos seus respectivos programas electorais as forzas políticas con representación no Consistorio.

Así, o alcalde de Portas, Ricardo Martínez, manifestou a súa incredulidade pola oposición amosada polos concelleiros do BNG e de VUP á aprobación da instrumetalización financeira necesaria para que o Concello de Portas poida acometer de inmediato a construción do demandado campo de fútbol de Romai, unha infraestrutura deportiva que contemplan os tres grupos políticos no seu programa electoral.

A necesidade imperiosa de atender as demandas da veciñanza levaron ao equipo de goberno a trasladar ao Pleno a proposta de suscribir unha operación de créditos duns 233.000 euros (o 12,32% dos recursos totais do Concello) a amortizar en cinco para poder acometer esta importante obra de infraestrutura deportiva comprometida á veciñanza por todos os grupos políticos.

“Certamente non entendemos como a última hora os concelleiros do BNG e VUP se descolgan e deixan colgados aos veciños e veciñas de Romai e votan en contra desta solución financeira que nos permite afrontar con solvencia e comodidade unha operación que permitirá ao Concello afrontar as obras do campo de fútbol de Romai con tranquilidade e sen agobios de tesourería. De feito, acabamos de aprobar as contas do ano 2021 con superávit e tamén vimos de cancelar un importante crédito que viña de moitos anos atrás, así como de adiantar unha subvención europea para o cambio das luminarias por sistemas led de baixo consumo”.

ATOPAMOS UNHA SOLUCIÓN PARA QUE OS VECIÑOS DE ROMAI DISPOÑAN CANTO ANTES DO SEU NOVO CAMPO DE FÚTBOL

Segundo manifestou o alcalde, Ricardo Martínez, “deste xeito, atopamos unha solución para que os veciños e veciñas de Romai non teñan que seguir agardando polo novo campo de fútbol e poder afrontar coa máxima celeridade o compromiso efectivo de realizar esta infraestruturas deportiva que todos prometimos nos nosos respectivos programas electorais. Está claro que non lles importa a palabra dada nin os compromisos adquiridos coa veciñanza; pola contra a nós si, polo que estamos na obriga e no deber de xestionar unha solución eficaz e efectiva e por iso resolvimos desta maneira esta operación financeira a curto prazo”.

Martínez defendeu a súa xestión económica “que vén refrendada polos bos resultados cos que pechamos as contas do 2021 e tamén polo pronto pago aos nosos proveedores, solvencia económica, sostenibilidade dos servizos públicos e a atención inmediata ás necesidades dos nosos veciños e veciñas. Isto, en definitiva, será unha operación máis das que se fan en todos os concellos coa vantaxe de que nos permitirá evitar tensións de tesourería innecesarias e, a súa vez, atender as demandas dos veciños de Romai para que teñan canto antes o seu campo de fútbol”, sinalou o alcalde.

“HAI QUE DEIXARSE DE POLITIQUEO BARATO, RESOLVER OS PROBLEMAS DA XENTE E ATENDER OS COMPROMISOS ADQUIRIDOS COA VECIÑANZA”

“Aquí non se trata de buscar o desgaste político, a manipulación e entorpecer a xestión municipal, aquí do que estamos a falar é de dar solucións concretas a problemas reais sen perxudicar os intereses xerais da veciñanza. Esta solución é viable, conta cos informes favorables dos técnicos municipais e coa total solvencia económica do noso Concello. Ao igual que calquera persoa ten que formalizar unha operación financeira para adquirir un coche ou unha casa, nós faremos algo parecido, a amortizar a curto prazo de 5 anos, para que os veciños e veciñas de Romai dispoñan dun novo e moderno campo de fútbol o máis axiña posible. O demáis é politiqueo barato”, concluiu Ricardo Martínez.

Relacionadas

A Deputación abre en xuño as portas do recinto conventual de Santa Clara para...

0
Terán lugar o venres 7 de xuño ás 18:00 horas e os días 8, 15, 16, 22 e 23 de xuño ás 11:00 horas....

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o próximo luns 6 de maio as...

0
Esta liña de subvencións está dotada con 200.000 euros e permitirá que as entidades locais creen ou ben manteñan e reforcen os servizos de...

O Salinas Club de Lectura pecha unha apretada axenda de escritores ata Nadal

0
Tralo éxito da xornada inaugural, as persoas lectoras están citadas para o 21 de maio con “O mar que nos leva”, de Moncha Fuentes César...

A Deputación aconsella extremar a vixilancia das viñas ante o mildio e o black...

0
Areeiro recomenda tratar tamén ante o mildio as patacas e plantas de horta xa que as choivas estes días e a subida de temperaturas...

Máis de 12.500 pinchos vendidos durante a I Edición de Pinchoterra

0
A ruta que contaba con 26 locais participantes superou cada venres o número depinchos elaborados reforzando o seu servizo debido a demanda do público. A...

O concello de Nigrán obtén a licencia para a creación dun ‘Bosque-Escola’ no CEIP...

0
O obxectivo é licitar ambos proxectos nas vindeiras semanas para emprender as obras durante o verán. Ambos foron deseñados polo arquitecto ideólogo do 'Sistema...

Publicacións Relacionadas