Home O Salnés A Illa de Arousa Aberto o prazo de inscrición para a última actividade de "Depo Auga",...

Aberto o prazo de inscrición para a última actividade de “Depo Auga”, o 4 de setembro na Illa de Arousa

- Anuncio -

Esta ruta en caiac dispón de 44 prazas que as persoas interesadas poden reservar xa na web da Deputación

A Deputación de Pontevedra xa ten aberto o prazo de inscrición para a última das actividades desta segunda edición de Depo Auga, o programa de deporte sostible de rutas guiadas por ríos ou praias de diferentes concellos da provincia nunha táboa de paddle surf ou nun caiac. A derradeira deste ano terá lugar o domingo 4 de setembro no concello da Illa de Arousa cunha ruta en caiac pola contorna, e ata o Illote Areoso se as condicións do mar o permiten. Esta actividade dispón de un total de 44 prazas, que se distribuirán en 2 quendas de 22 persoas en cada unha e o punto de encontro para as persoas que participen será Punta Ouriceira.

O programa da Deputación dá resposta a prácticas deportivas que cada vez contan cun maior número de persoas afeccionadas e a unha das formas máis divertidas de coñecer e sentir o deporte na natureza. Depo Auga está dirixido a persoas amantes dos deportes da natureza e aventura, maiores de 18 anos ou menores (mínimo 14 anos) acompañados pola súa nai, pai, titora ou titor. As e os participantes deberán desprazarse ao lugar de inicio da ruta, onde recibirán información sobre o funcionamento do programa e entregaráselles todo o material necesario para realizar as actividades.

As persoas interesadas en participar nestas travesías guiadas de aproximadamente unha hora e media de duración, xa poden inscribirse a través do formulario que atoparán na páxina web da Deputación. En caso de que se completen as prazas habilitarase unha lista de agarda.

Relacionadas

A Deputación abre en xuño as portas do recinto conventual de Santa Clara para...

0
Terán lugar o venres 7 de xuño ás 18:00 horas e os días 8, 15, 16, 22 e 23 de xuño ás 11:00 horas....

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o próximo luns 6 de maio as...

0
Esta liña de subvencións está dotada con 200.000 euros e permitirá que as entidades locais creen ou ben manteñan e reforcen os servizos de...

O Salinas Club de Lectura pecha unha apretada axenda de escritores ata Nadal

0
Tralo éxito da xornada inaugural, as persoas lectoras están citadas para o 21 de maio con “O mar que nos leva”, de Moncha Fuentes César...

A Deputación aconsella extremar a vixilancia das viñas ante o mildio e o black...

0
Areeiro recomenda tratar tamén ante o mildio as patacas e plantas de horta xa que as choivas estes días e a subida de temperaturas...

Máis de 12.500 pinchos vendidos durante a I Edición de Pinchoterra

0
A ruta que contaba con 26 locais participantes superou cada venres o número depinchos elaborados reforzando o seu servizo debido a demanda do público. A...

O concello de Nigrán obtén a licencia para a creación dun ‘Bosque-Escola’ no CEIP...

0
O obxectivo é licitar ambos proxectos nas vindeiras semanas para emprender as obras durante o verán. Ambos foron deseñados polo arquitecto ideólogo do 'Sistema...

Publicacións Relacionadas