Home Pontevedra Campo Lameiro Máis de 300 comensais particirán no "Xantar Prehistórico" do Festival "Laeros" en...

Máis de 300 comensais particirán no “Xantar Prehistórico” do Festival “Laeros” en Campo Lameiro

- Anuncio -

O Concello reivindica a capitalidade galega de arte rupestre, o domingo 21 de agosto, con eventos gastronómicos, actividades, música, excursións, obradoiros e visitas teatralizadas a petróglifos da contorna.

Máis de 300 comensais formalizaron xa a súa reserva para participar no “Xantar Prehistórico” que se realizará o domingo 21 de agosto dentro das actividades previstas para celebrar o Festival “Laeros”, unha iniciativa divulgadora do municipio como capital galega da arte rupestre na que se aunará un evento gastronómico, actividades de todo tipo, música, obradoiros e visitas teatralizadas polos petróglifos máis senlleiros do municipio.

O “Xantar Prehistórico” está concebido como un elemento dinamizador máis destas xornadas de convivencia veciñal abertas a calquera persoa que se achegue ata o Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre (PAAR) de Campo Lameiro.

O “Xantar Prehistórico” ten como base un asado de vacún que se vende por lotes de 20 persoas para compartir ou de medio lote, para 10 comensais. No caso do lote completo para 20 persoas, véndese a un prezo de cada un deles de 400 euros. Cada un destes lotes dá dereito a dispoñer dun asado de costillar, 12 racións de polbo á feira servidas por A Fuchela, 2 bolas de pan, 12 botellas de viño e 8 botellas de auga. No caso de medio lote, para 10 persoas, as viandas serán ½ costillar, 6 racións de polbo á feira da Fuchela, 1 bola de pan, 6 botellas de viño e 4 de auga a un prezo global de 200 euros.

Para reservar estes lotes e medios lotes poden dirixirse ao teléfono 886 151 195 ou a través do correo electrónico: reservas@paar.es

O xantar prehistórico estará preparado pola Asociación Costillar A Estaca de San Clemente e poderá ser degustado nas mesas ubicadas no entorno do Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre (PAAR).

“Laeros”, definido como un festival da arte rupestre, está organizado polo Concello de Campo Lameiro e conta coa colaboración do Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre (PAAR) que terá un papel fundamental na coordinación desta xornada de exaltación de Campo Lameiro como destino turístico e arqueolóxico de vital importancia para Galicia.

EXCURSIÓNS DIVULGATIVAS DA ARTE RUPESTRE, EN MICROBÚS

A xornada do día 21 de agosto contempla a realización de dúas excursións en autobús visitando varios petróglifos do municipio e que terán como principais destinos o Castro de Penalba e Campo de Matabois e Chan da Lagoa. Cada unha destas dúas excursións en microbús terá un prezo por persoa de 3 euros previa reserva no teléfono 886 151 195 ou no correo electrónico: reservas@paar.es.

Entre as actividades previstas está unha exhibición metalúrxica a cargo da empresa de divulgación cultural Árbore Arqueoloxía; tamén haberá unha recreación dunha aldea da Idade do Bronce, a cargo da Asociación Tir Na N´og; exhibicións de cesteiría a base de cereal, obradoiros de pintura, graffitis e caza; a visita caracterizada do investigador e arqueólogo Sobrino Buhigas a cargo do actor Suso Martínez, e haberá tamén un concerto a cargo do grupo Neonymus.

PREMIO DE 200 EUROS EN VALES CANXEABLES NO COMERCIO LOCAL DE CAMPO LAMEIRO PARA OS QUE VEÑAN VESTIDOS DE ÉPOCA E UNHA PEQUENA FEIRA DE ARTESÁNS LOCAIS

Os promotores desta iniciativa queren darlle maior realce e participación á veciñanza para o cal prégase ás persoas que se acheguen ata o PAAR que o fagan vestidos de época para o cal facilitan varios patróns para poder confeccionar a vestimenta que se poida lucir durante este día.

Para incentivar aínda máis a participación, a organización prevé ofrecer un premio de 200 euros en vales de consumo en establecementos do comercio local de Campo Lameiro para premiar a mellor proposta seleccionada polo xurado de especialistas e que será entregado antes do concerto de Neonymus, previsto para as 21 horas.

Tamén haberá unha pequena feira artesanal composta por unha ducia de postos de emprendedores locais que contribuirán a ambientar a xornada ao tempo que ofrecerán diversos artigos elaborados a man polos seus autores utilizando para elo todo tipo de técnicas artesanais para que o público poida adquirir a bo prezo elementos elaborados polos artesáns da contorna.

Relacionadas

A Deputación abre en xuño as portas do recinto conventual de Santa Clara para...

0
Terán lugar o venres 7 de xuño ás 18:00 horas e os días 8, 15, 16, 22 e 23 de xuño ás 11:00 horas....

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o próximo luns 6 de maio as...

0
Esta liña de subvencións está dotada con 200.000 euros e permitirá que as entidades locais creen ou ben manteñan e reforcen os servizos de...

O Salinas Club de Lectura pecha unha apretada axenda de escritores ata Nadal

0
Tralo éxito da xornada inaugural, as persoas lectoras están citadas para o 21 de maio con “O mar que nos leva”, de Moncha Fuentes César...

A Deputación aconsella extremar a vixilancia das viñas ante o mildio e o black...

0
Areeiro recomenda tratar tamén ante o mildio as patacas e plantas de horta xa que as choivas estes días e a subida de temperaturas...

Máis de 12.500 pinchos vendidos durante a I Edición de Pinchoterra

0
A ruta que contaba con 26 locais participantes superou cada venres o número depinchos elaborados reforzando o seu servizo debido a demanda do público. A...

O concello de Nigrán obtén a licencia para a creación dun ‘Bosque-Escola’ no CEIP...

0
O obxectivo é licitar ambos proxectos nas vindeiras semanas para emprender as obras durante o verán. Ambos foron deseñados polo arquitecto ideólogo do 'Sistema...

Publicacións Relacionadas