Home Pontevedra Campo Lameiro Campo Lameiro mergúllase na prehistoria cunha gran participación de público que asistiu...

Campo Lameiro mergúllase na prehistoria cunha gran participación de público que asistiu ao festivas “Laeros”

- Anuncio -

Os numerosos asistentes disfrutaron durante toda a xornada de actividades, música, excursións, obradoiros, gastronomía e visitas teatralizadas a petróglifos da contorna.

O alcalde de Campo Lameiro, Carlos Costa, cualificou dun auténtico éxito a celebración do primeiro Festival da Arte Rupestre “Laeros”, organizado polo Concello, e que contou tamén cun Xantar Prehistórico que reuniu a uns 300 comensais e diversas actividades e obradoiros que foron entretendo ao numeroso público que se achegou ata o Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre (PAAR) de Campo Lameiro.

Durante a visita ás distintas zonas habilitadas polo PAAR para acoller obradorios e recreacións prehistóricas, o alcalde de Campo Lameiro estivo acompañado polos seus homólogos de Moraña, José Cela, e de Portas, Ricardo Martínez, así como polo xefe territorial de Educación, César Pérez Ares.

Entre as distintas actividades organizadas para reivindicar o papel de Campo Lameiro como capital da arte rupestre, o Concello puxo en macha un obradoiro metalúrxico, varios de lanzamento de frechas, facedores de lume, cesteiría, tatuaxes, etc. Ademais dun xantar a base dun asado de vacún feito alí in situ desde primeira hora da mañá por membros da Asociación Costillar á Estaca de San Clemente.

Durante toda a xornada, o público dispuxo tamén da posibilidade de realizar excursións en microbús para visitar varios petróglifos do municipio e que tiveron como principais destinos o Castro de Penalba e Campo de Matabois e Chan da Lagoa.

Ademais, puido contemplar unha exhibición de metalúrxica prehistórica a cargo da empresa de divulgación cultural Árbore Arqueoloxía; a actividade cotiá nunha aldea da Idade do Bronce, a cargo da Asociación Tir Na N´og; exhibicións de cesteiría a base de cereal, obradoiros de pintura, graffitis e caza. Finalmente, a xornada rematou coa visita caracterizada do investigador e arqueólogo Sobrino Buhigas a cargo do actor Suso Martínez, e cun concerto protagonizado polo grupo Neonymus.

Moitas persoas asistentes ao Festival da Arte Rupestre “Laeros” vestíronse de época portando vestimentas de carácter prehistórica participando así tamén nun concurso no que se concedeu un premio de 200 euros en vales de consumo en establecementos do comercio local de Campo Lameiro para o mellor caracterizado a xuizo dun xurado.

Finalmente sinalar que durante toda a xornada estivo operativa unha pequena feira artesanal composta por unha ducia de postos de emprendedores locais que contribuirán a ambientar a xornada ao tempo que ofrecerán diversos artigos elaborados a man polos seus autores utilizando para elo todo tipo de técnicas artesanais para que o público poida adquirir a bo prezo elementos elaborados polos artesáns da contorna.

Relacionadas

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Publicacións Relacionadas