Home Pontevedra Soutomario inicia melloras na rede de saneamento do barrio de O Val

Soutomario inicia melloras na rede de saneamento do barrio de O Val

- Anuncio -

Os traballos teñen un custo de 22.200 euros e darán servizo a cinco vivendas

O Concello de Soutomaior acaba de iniciar os traballos de ampliación na rede de rede de sumidoiros do barrio de O Val. A mellora ten o obxectivo de aumentar a capacidade de evacuación da rede no devandito punto para garantir o correcto funcionamento do sistema.

Así, a mellora no saneamento realizada no barrio de O Val comprende a renovación completa dun ramal de canalizacións de case 100 metros de longo destinado á recollida de augas residuais por gravidade e a súa conexión ao sistema xeral de rede de sumidoiros.

Ademais da mellora en saneamento, os traballos comprenden a renovación total da capa de rodadura do vial, “polo que a mellora no vial será completa”, explicou o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, que cualificou os traballos como “pequenas melloras que, a pesar de que non ven, son de gran utilidade para os veciños e para o medio ambiente”. Os traballos contaban cun orzamento final de 22.266,67 euros que foron financiados exclusivamente con fondos procedentes das arcas municipais.

Relacionadas

A Deputación abre en xuño as portas do recinto conventual de Santa Clara para...

0
Terán lugar o venres 7 de xuño ás 18:00 horas e os días 8, 15, 16, 22 e 23 de xuño ás 11:00 horas....

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o próximo luns 6 de maio as...

0
Esta liña de subvencións está dotada con 200.000 euros e permitirá que as entidades locais creen ou ben manteñan e reforcen os servizos de...

O Salinas Club de Lectura pecha unha apretada axenda de escritores ata Nadal

0
Tralo éxito da xornada inaugural, as persoas lectoras están citadas para o 21 de maio con “O mar que nos leva”, de Moncha Fuentes César...

A Deputación aconsella extremar a vixilancia das viñas ante o mildio e o black...

0
Areeiro recomenda tratar tamén ante o mildio as patacas e plantas de horta xa que as choivas estes días e a subida de temperaturas...

Máis de 12.500 pinchos vendidos durante a I Edición de Pinchoterra

0
A ruta que contaba con 26 locais participantes superou cada venres o número depinchos elaborados reforzando o seu servizo debido a demanda do público. A...

O concello de Nigrán obtén a licencia para a creación dun ‘Bosque-Escola’ no CEIP...

0
O obxectivo é licitar ambos proxectos nas vindeiras semanas para emprender as obras durante o verán. Ambos foron deseñados polo arquitecto ideólogo do 'Sistema...

Publicacións Relacionadas