Home Vigo Pazos de Borbén O concello de Pazos de Borbén nega que a vertedura de Amoedo...

O concello de Pazos de Borbén nega que a vertedura de Amoedo tivese incidencia no rio Alvedosa

- Anuncio -
  • O goberno local indica que foi un “incidente puntual” que se reparou en poucas horas e non creo danos de ningún tipo
  • O goberno local de Pazos de Borbén saíu esta mañá ao paso das recentes acusacións dos portavoces do BNG de Redondela sobre o atasco do colector en Amoedo e a derivación de augas residuais ao río Alvedosa. “Foi unha situación puntual que se solucionou ás poucas horas, en total coordinación con Augas de Galicia, e que apenas tivo incidencia”, explicou o alcalde, Andrés Iglesias.
  • Así, Iglesias indicou que o problema xurdiu polo atasco dun colector nun punto desaugadoiro da rede de pluviais da estrada PO-250. Un problema ocasionado polo esmagamento accidental dunha canalización e “que se solucionou en escasas horas de forma que non poida volver producirse”, apuntou o edil.
  • Do mesmo xeito, o rexedor explicou que o propio informe de Augas de Galicia, realizado durante o mesmo día da vertedura, indica que o caudal era tan baixo que case imposibilita tomar as mostras necesarias e só se percibía unha afectación na saída da tubaxe de entre 1 e 5 metros acentuada polo baixo caudal do río neses momentos xa que desde o Concello anulouse o tubo de alivio para evitar verteduras irregulares cara ao dominio público.
    “Ata o propio concelleiro de medioambiente de Redondela recoñece que non houbo danos”, lembrou Iglesias, que atribuíu as acusacións do BNG á ausencia de representación do devandito partido na corporación municipal pacense. “O BNG de Redondela tenta botarlles un cable aos seus compañeiros de Pazos #ante o medo a que volvan quedar sen un só concelleiro. Trátase dunha cuestión puramente partidista”, concluíu o rexedor.

Relacionadas

A Deputación abre en xuño as portas do recinto conventual de Santa Clara para...

0
Terán lugar o venres 7 de xuño ás 18:00 horas e os días 8, 15, 16, 22 e 23 de xuño ás 11:00 horas....

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o próximo luns 6 de maio as...

0
Esta liña de subvencións está dotada con 200.000 euros e permitirá que as entidades locais creen ou ben manteñan e reforcen os servizos de...

O Salinas Club de Lectura pecha unha apretada axenda de escritores ata Nadal

0
Tralo éxito da xornada inaugural, as persoas lectoras están citadas para o 21 de maio con “O mar que nos leva”, de Moncha Fuentes César...

A Deputación aconsella extremar a vixilancia das viñas ante o mildio e o black...

0
Areeiro recomenda tratar tamén ante o mildio as patacas e plantas de horta xa que as choivas estes días e a subida de temperaturas...

Máis de 12.500 pinchos vendidos durante a I Edición de Pinchoterra

0
A ruta que contaba con 26 locais participantes superou cada venres o número depinchos elaborados reforzando o seu servizo debido a demanda do público. A...

O concello de Nigrán obtén a licencia para a creación dun ‘Bosque-Escola’ no CEIP...

0
O obxectivo é licitar ambos proxectos nas vindeiras semanas para emprender as obras durante o verán. Ambos foron deseñados polo arquitecto ideólogo do 'Sistema...

Publicacións Relacionadas