Home Pontevedra Caldas O alcalde, José Cela, esixe a Sanidade unha solución á falta de...

O alcalde, José Cela, esixe a Sanidade unha solución á falta de facultativos no Centro de Saúde de Moraña

- Anuncio -

O rexedor púxose en contacto co xerente da Área Sanitaria para trasladarlle “o meu malestar e descontento, así como o de toda a veciñanza”, xa que con frecuencia unicamente hai un médico para atender a toda a poboación de Moraña. Ademais, a praza que quedou baleira tras a xubilación dun dos profesionais segue sen cubrirse.

O alcalde de Moraña, José Cela, contactou esta mañá co xerente da Área Sanitaria de Pontevedra-O Salnés para trasladarlle “o meu descontesto, así como o malestar da veciñanza pola situación que se está a vivir de xeito reiterado no noso Centro de Saúde, no que moitos días só hai un médico traballando”.

Tal e como explica o alcalde, en Moraña debería haber tres médicos en activo, pero xa desde hai tempo “só temos dous, porque está sen cubrir a praza que quedou baleira despois de que un dos facultativos collese a xubilación”. Ao ter só dous médicos, no momento en que un destes colle vacacións ou libra, “o noso Centro de Saúde queda atendido só por un médico, o que supón unha atención deficiente para un municipio como Moraña, con máis de 4.000 habitantes”.

Por iso, José Cela trasladoulle ao novo xerente “que necesitamos que esta situación sexa solucionada canto antes. É o SERGAS e, por tanto, a Xunta de Galicia, a que ten que xestionar os recursos da nosa sanidade, que agora mesmo está sendo desatendida en Moraña e non podemos seguir admitindo que se manteña esta situación”, alegou o alcalde.

Cela asegura “entender perfectamente” o malestar que a veciñanza foi trasladando nestes últimos tempos con respecto á atención que se está a prestar no Centro de Saúde da localidade. “Non é un día nin dous, esta situación estase repetindo de xeito reiterado e repetitivo e por iso esiximos que se nos dea unha solución, porque a veciñanza de Moraña ten dereito a unha sanidade en condicións”, rematou.

Na conversa mantida polo alcalde co xerente, este trasladou que desde a Área Sanitaria tratarán de resolver o problema á maior brevidade posible

Relacionadas

A Deputación abre en xuño as portas do recinto conventual de Santa Clara para...

0
Terán lugar o venres 7 de xuño ás 18:00 horas e os días 8, 15, 16, 22 e 23 de xuño ás 11:00 horas....

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o próximo luns 6 de maio as...

0
Esta liña de subvencións está dotada con 200.000 euros e permitirá que as entidades locais creen ou ben manteñan e reforcen os servizos de...

O Salinas Club de Lectura pecha unha apretada axenda de escritores ata Nadal

0
Tralo éxito da xornada inaugural, as persoas lectoras están citadas para o 21 de maio con “O mar que nos leva”, de Moncha Fuentes César...

A Deputación aconsella extremar a vixilancia das viñas ante o mildio e o black...

0
Areeiro recomenda tratar tamén ante o mildio as patacas e plantas de horta xa que as choivas estes días e a subida de temperaturas...

Máis de 12.500 pinchos vendidos durante a I Edición de Pinchoterra

0
A ruta que contaba con 26 locais participantes superou cada venres o número depinchos elaborados reforzando o seu servizo debido a demanda do público. A...

O concello de Nigrán obtén a licencia para a creación dun ‘Bosque-Escola’ no CEIP...

0
O obxectivo é licitar ambos proxectos nas vindeiras semanas para emprender as obras durante o verán. Ambos foron deseñados polo arquitecto ideólogo do 'Sistema...

Publicacións Relacionadas