Home Pontevedra Deza Luis López: “Os gobernos do PP son unha referencia de xestión e...

Luis López: “Os gobernos do PP son unha referencia de xestión e impulso para os concellos do rural”

- Anuncio -

• Destaca o traballo do alcalde nestes dous anos, que será quen de presentarse ás municipais de maio “co aval do traballo feito e dos compromisos cumpridos”.


• Adolfo Campos comprométese a “seguir traballando para conseguir unha ampla maioría en 2023 e darlle continuidade a un goberno que conseguiu situar ao segundo municipio con menos poboación da provincia como o primeiro do ranking provincial de concellos en investimento por persoa”.

O presidente do PP de Pontevedra, Luis López, destaca que os gobernos do PP son unha “referencia de xestión e de impulso” para os concellos do rural. “Non hai partido máis local que o Partido Popular nin partido que traballe máis polos concellos do rural que o noso. Ben sexa no Goberno galego ou nos concellos nos que gobernamos, como Dozón, e que son unha referencia de xestión e de servizos públicos de calidade, para garantir que vivir no rural non sexa nunca unha desvantaxe. As persoas, vivan onde vivan, deben ter atendidas as súas necesidades”, subliña.

Foi durante a celebración esta tarde do congreso local do PP de Dozón, no que Adolfo Campos foi elixido presidente local do partido. López subliñou o traballo feito nestes dous anos por Campos, e destacou que “o traballo ben feito, os compromisos cumpridos e a realidade son os mellores avais para revalidar o ano próximo a maioría absoluta do PP en Dozón”. Así, puxo como exemplo a aposta de Campos por “investir en servizos públicos de calidade, apoiar a sectores estratéxicos, atraer empresas e xerar emprego. Políticas, en definitiva, que melloran a calidade de vida e axudan a fixar poboación”.

Con todo, o presidente provincial pediu cautela e non confiarse. Recordou que 6 de cada 10 veciños de Dozón confían no PP para xestionar o seu concello. “É un gran orgullo, pero tamén unha grande responsabilidade”, apuntou, e pediu moito traballo a pé de rúa. “Somos o partido da xente, o partido que está na rúa para escoitar, entender e atender as necesidades da cidadanía. O noso maior inimigo é confiarse en que todo está feito”.

Pola súa parte, o novo presidente do PP de Dozón, Adolfo Campos, comprometeuse a “seguir traballando arreo na transformación e modernización de Dozón para conseguir unha ampla maioría en maio de 2023 que permita darlle continuidade a un goberno que conseguiu situar ao segundo municipio con menos poboación da provincia de Pontevedra como o primeiro do ranking provincial de concellos en investimento por persoa”.

Relacionadas

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Publicacións Relacionadas