Home Pontevedra Caldas Augas de Galicia pide documentación adicional sobre o impacto na rede hidrolóxica...

Augas de Galicia pide documentación adicional sobre o impacto na rede hidrolóxica do parque industrial de Pontecesures.

- Anuncio -

O BNG solicita no parlamento a retirada do proxecto e a posta en valor dos 326.000 m2 nos que se pretende construir o polígono industrial.

O deputado nacionalista Luís Bará denuncia o impacto brutal do proxecto nunha zona residencial e de equipamentos públicos, e a afección irreversíbel a unha zona calificada como de risco de inundacións

O BNG levou hoxe ao parlamento as irregularidades na tramitación do proxecto de interese autonómico do parque empresarial de Pontecesures, que foi sometido ao procedemento de información pública o pasado mes de xullo.
O deputado nacionalista chamou a atención sobre a carencia de informes de Augas de Galicia e do Ministerio de Fomento no procedemento de información ambiental e na tramitación do Proxecto de Interese Autonómico (PIA). Cabe lembrar que segundo o Informe Ambiental Estratéxico que fixo público a Dirección Xeral de Calidade Ambiental da Xunta no mes de marzo “acadarase o informe favorable dos órganos competentes en augas e estradas autonómicas e estatais”.

O BNG demanda que Augas de Galicia toma cartas no asunto
Logo do aprazamento da resposta en comisión por parte da Xunta o pasado mes de xullo, hoxe compareceu en comisión parlamentaria a Directora Xeral de Calidade Ambiental, ainda que as preguntas formuladas polo BNG ían dirixidas de maneira clara e directa a Augas de Galicia.
Concretamente, tiñan como finalidade coñecer os informes existentes no organismo autonómico sobre o proxecto, así como as actuacións que ten previsto desenvolver Augas de Galicia en relación co proxecto de parque empresarial de Pontecesures. Segundo Luís Bará “Esta documentación é de extraordinaria relevancia posto que o poligono afecta en parte a unha zona de risco de inundacións, catalogada como tal no plan hidrolóxico en vigor, e no ámbito do parque existen recursos hídricos que non foron correctamente avaliados no PIA. Polo contrario, semella que na documentación se lle dá validez ao estudo hidrolóxico dunha consultora privada que ignora as determinacións do Plan Hidrolóxico e do Plan Básico Autonómico”.

Logo das as alegacións presentadas pola veciñanza e polo BNG o pasado mes de xullo, a Directora Xeral informou que con data 31 de agosto Augas de Galicia requeriulle ao Instituto Galego de Vivenda e Solo documentación adicional sobre a afección en materia de augas, nomeadamnete no referente á rede fluvial e á análise do risco de inundacións.

O BNG solicita a retirada do proxecto e a recuperación e reactivación da zona
En resposta ás afirmación da representante da Xunta, e á vista dos numerosos impactos dun proxecto que calificou de “aberrante”, o deputado nacionalista Luís Bará pediu a retirada do prroxecto: “en vez de urbanizar e asfaltar a zona, defendemos a súa recuperación e posta en valor como espazo produtivo, ambiental e social, porque se trata dunha zona de grande potencialidade agraria, con importantes valores ambientais e con grande interese desde o punto de vista dos recursos hídricos”.
O BNG defendeu a necesidade de promover solo industrial na zona para garantir a creación de emprego e riqueza, mais considerou totalmente errado o emprazamento escollido.

Segundo Bará, “o lóxico é instalar industrias en polígonos xa existentes no Baixo Ulla como os de Catoira, así como o impulso de máis solo empresarial na zona procurando unha ubicación que faga compatíbel a actividade económica e o desenvolvemento sustentábel”.

Relacionadas

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Publicacións Relacionadas