Home Pontevedra Deza Primeiro evento de Cociña Colaborativa

Primeiro evento de Cociña Colaborativa

- Anuncio -

Hoxe no EcohotelNós tivo lugar o primeiro evento de Cociña Colaborativa organizado pola Fundación Baiuca Verdescente.

Esta iniciativa, que xorde ao fío do proxecto de Agricultura Social “A Miña Horta é Túa”, deu como resultado a creación dun Receitario Colectivo de Verán con tres produtos de tempada como grandes protagonistas: a cabaciña, o tomate e as xudías verdes.

Desde a Fundación, levan semanas recompilando receitas a través das súas redes sociais, que van desde a cociña máis tradicional á máis vangardista e de produto.

Hoxe foron os propios creadores e creadoras seleccionados das receitas máis destacadas os que se encargados de cociñalas en directo neste evento de Cociña Colaborativa, man a man co equipo de cociña profesional do Ecohotel Nós.

Un Receitario Colectivo que recolle a tradición e o bo facer dos fogóns dos nosos fogares e que chegou coa intención de perpetuarse no tempo, elaborando un receitario anual, e enxalzando diferentes produtos segundo a tempada.

Relacionadas

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Publicacións Relacionadas