Home A Coruña O Concello amplía as instalacións do comedor escolar no CEIP Raquel Camacho,...

O Concello amplía as instalacións do comedor escolar no CEIP Raquel Camacho, no barrio do Ventorrillo

- Anuncio -

Os traballos de acondicionamento remataron o pasado mes de agosto, durante a tempada estival, e coa antelación precisa con vistas ao comezo do curso académico

O concelleiro de Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego, Jesús Celemín, acudiu esta mañá as instalacións do CEIP Raquel Camacho, no barrio do Ventorrillo, e onde o Concello acometeu, durante a tempada estival, obras para a adecuación e ampliación do comedor escolar, unha intervención solicitada ao Goberno municipal pola directiva do colexio.

Os traballos, que remataron a finais do mes de agosto e coa antelación necesaria con vistas ao comezo do curso escolar, consistiron na demolición de tabiques, obras de fontanaría, reconstrución de mochetas, o traslado e recolocación de mobiliario e tamén a instalación dunha nova porta de acceso ao comedor.

Neste sentido, Jesús Celemín subliñou que “o Goberno municipal ten o firme compromiso de escoitar á comunidade educativa da cidade e atender as súas demandas en materia de infraestruturas e proxectos formativos, co obxectivo de estar a carón do alumnado, así como das súas familias e tamén do profesorado”.

No que vai de ano, o Goberno de Inés Rey executou investimentos por 660,986,72 euros para traballos de mellora e acondicionamento entre os colexios e escolas infantís da cidade.

Relacionadas

Máis de 1.200 fotógrafos e fotógrafas participaron nas 26 edicións do Certame Fotográfico Xosé...

0
Entregados a Mónica Vila Ferreirós, Antonio Gutiérrez Pereira, José Manuel Pérez Pena e Mª Goretty Vázquez Rodríguez os premios da edición 26ª28/04/2024.  Mónica Vila Ferreirós,...

O Concello subvenciona con 90.000 euros melloras na accesibilidade en tres bloques residenciais da...

0
As achegas municipais permitirán financiar ata o 50% das obras previstas polos veciños e veciñas dos edificios das rúas Almirante Mourelle, Palomar e Barcelona O...

Os XI Premios Juan Mayorga fixeron da Coruña a capital do teatro afeccionado

0
O concelleiro Gonzalo Castro, destacou a importancia das artes escénicas na programación cultural da cidade O concelleiro da Área de Fomento e Promoción da Cidade,...

A Xunta destaca na Festa do Champiñón o potencial agrogandeiro da Comarca de Ordes

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza de Deportes, Diego Calvo, percorreu esta mañá acompañado do alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo o recinto da...

O PSOE de Santiago mobilízase en apoio a Pedro Sánchez e “contra as accións...

0
Arredor dun centenar de militantes e simpatizantes concentráronse fronte a Casa do Pobo de Compostela para amosar o seu apoio “rotundo, absoluto e sen...

O Concello de Ponteceso arrastra unha débeda de case 3 millóns de euros, máis...

0
 O goberno local puxo en marcha unha auditoría externa para analizar os servizos e prezos das facturas pendentes de 2020 a 2023  Unha...

Publicacións Relacionadas