Home O Morrazo Cangas Unha balsa de auga baixo o edificio da Seguridade Social, orixe dos...

Unha balsa de auga baixo o edificio da Seguridade Social, orixe dos verquidos ao río Orxas

- Anuncio -

Despois dos continuos requerimentos desde concello a UTE e a Control de Verquidos de Augas de Galicia, agora xa podemos determinar que a causa principal dos verquidos do rio orxas proveñen da formación dunha balsa de auga residual localizada onte baixo o centro de saúde de Aldán.

O deterioro das tubaxes no edificio da Seguridade Social en Aldán está na orixe dos verquidos rexistrados nos últimos días ao río Orxas.

Dende principios de setembro, vense requerindo a UTE a localización e subsanación do verquido no río Orxas, e aínda que se realizaron traballos e inspeccións non foi ata o día de onte quén de localizar o problema que motivaba a situación do verquido na desenvocadura do rio.

Tras identificar un rezume nun muro cerca do centro de saúde e no tramo do río que vai por baixo do vial se comeza a considerar que dito verquido procedía do saneamento do edificio colindante que é o edificio da Seguridade Social, do que o 50% está cedido ao Sergas e ocupado polo centro de saúde e o resto está destinado ao centro social. Pacto seguido ordea o levantamento da beirarrúa para acceder aos desagües do edificio. Foi ao realizar esta actuación cando se descubre unha balsa estancada de auga acumulada polo desplome dunha tubería que, ao estar sobre area, drena con facilidade ata chegar ao río.

Victoria Portas púxose en contacto co xerente da área sanitaria, Javier Puente, para trasladarlle o video e comentarlle a situación localizada. Sergas, Seguridade Social, UTE e Concello traballan desde esta mañán para solventar unha situación que pasa en primeiro lugar por succionar as augas grises estancadas.

Victoria Portas comunica que se puxeron todos os medios posibles para localizar o o problema que ocasionaba dito verquido, que entendemos a preocupación da veciñanza a tal situación, pero como se pode comprobar , a localización non foi sinxela, levando o problema oculto moitos anos.

Relacionadas

O PP destaca a necesidade de que para poder dar solución a Galicia ante...

0
O presidente provincial, Luis López fixo especial fincapé en que a defensa das nosas rías, do noso rural e do reparto dos fondos europeos,...

O concello de Bueu recibíu ás veciñas Iria e Nuria Rodriguez Iglesias, destacadas no...

0
O Concello de Bueu recibiu este venres, 24 de maio, ás veciñas Iria e Nuria Rodríguez Iglesias, que veñen de colleitar éxitos no Campionato...

Lorenzana continúa coa ronda de contacto cos alcaldes galegos cun encontro coa rexedora de...

0
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe un encontro coa alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, con quen tratou as necesidades...

O vicepresidente Rafa Domínguez inaugura no Museo de Pontevedra a XL Reunión da Sociedade...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de inaugurar no Salón de Actos do Museo de Pontevedra a XL Reunión da Sociedade...

Luis López eloxia o sector vitivinícola das Rías Baixas por ser un dos “mellores...

0
O presidente provincial participa na clausura do Foro Mundial de Cooperativas Vitivinícolas que se celebrou na adega Martín Códax de Cambados durante tres días “O...

O Concello constrúe unha beirarrúa en Gago de Mendoza, mellorando así a mobilidade cara...

0
A actuación tamén permitiu a reparación da canalización do alumeado público.  O concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, informou esta mañá do remate das obras...

Publicacións Relacionadas