Home Pontevedra Campo Lameiro O alcalde logra o compromiso de Telefoníca de que Campo Lameiro pasará...

O alcalde logra o compromiso de Telefoníca de que Campo Lameiro pasará do 32% de cobertura en fibra óptica ao 100% en dous meses

- Anuncio -

Unha técnica da compañía estará o luns no Consistorio, de mañá e tarde, para atender as demandas de contratación e as incidencias que poida presentar a instalación do servizo

O alcalde de Campo Lameiro, Carlos Costa, despois de tramitar varias queixas e reclamacións ante o Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico así como ante a Xunta e as compañía de telecomuncacións logrou o comprimiso de Telefónica Movistar de que o municipio pasaría do 32% de cobertura actual de fibra óptica ao 100% no mes de febreiro.

Para avanzar na instalación da fibra óptica en todo o concello, unha técnica de Movistar estará o vindeiro luns 19 de decembro de 9:30 a 14 horas e de 15:30 a 19 horas no Consistorio para atender as demandas de contratación e as incidencias que poida presentar a instalación deste servizo.

Os veciños que poden pasar consulta na fase inicial serán aqueles que residan en Campo Lameiro (zonas de A Lagoa, Lameiro e Cascaneda), Gargallóns, Laxe, Cerdeiras, Morañó, Painceiros, Couso, Armonda, A Brea, Muimenta, Mullerboa, Fontenla, Redonde e Polígono Industrial A Facha

O compromiso adquirido por Telefónica co alcalde, Carlos Costa, aplicarase en dúas quendas. Así, a primeira, prevista para o mes de xaneiro, contemplará a implantación da fibra óptica nos lugares de Rozas, Castriño, Fornelos, Paredes, Praderrei, Reboredo, Liñariños, Arrotea, Parada e San Isidro de Montes. Unha vez feito o despliegue habilitarase tamén outro día de cita para dar de alta o servizo e atender calquera problema de instalación que se puidera producir.

Finalmente, no mes de febreiro a fibra óptica chegará a Castro de Orto, Cimadevila, Padín, Fafide, Liñares, Lamosa, Alende, Chacente, Caneda e Morillas.

Segundo manifestou o alcalde Carlos Costa, “deste xeito atenderíase as demandas da veciñanza en materia de implantación da fibra óptica e o acceso a internet de alta velocidade que favorecerá o teletraballo e o acceso con garantías a calquera plataforma e sistema de ocio interactivo do cal se carecía no muncipio e motivara as reiteradas queixas e protestas por parte do Concello ante o Ministerio e organismos competentes, así como ante Telefónica, para que resolveran o grave problema de aillamento tecnolóxico no que nos estabamos a quedar”.

“Despois de moito pelexar, petar en moitas portas e realizar xestións, conseguimos un compromiso serio para que Campo Lameiro se enganche ao futuro tecnolóxico e á internet de alta velocidade na práctica totalidade do termo municipal e en todas e cada unha das nosas aldeas e núcleos de poboación”, indicou Carlos Costa.

Relacionadas

A Deputación abre en xuño as portas do recinto conventual de Santa Clara para...

0
Terán lugar o venres 7 de xuño ás 18:00 horas e os días 8, 15, 16, 22 e 23 de xuño ás 11:00 horas....

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o próximo luns 6 de maio as...

0
Esta liña de subvencións está dotada con 200.000 euros e permitirá que as entidades locais creen ou ben manteñan e reforcen os servizos de...

O Salinas Club de Lectura pecha unha apretada axenda de escritores ata Nadal

0
Tralo éxito da xornada inaugural, as persoas lectoras están citadas para o 21 de maio con “O mar que nos leva”, de Moncha Fuentes César...

A Deputación aconsella extremar a vixilancia das viñas ante o mildio e o black...

0
Areeiro recomenda tratar tamén ante o mildio as patacas e plantas de horta xa que as choivas estes días e a subida de temperaturas...

Máis de 12.500 pinchos vendidos durante a I Edición de Pinchoterra

0
A ruta que contaba con 26 locais participantes superou cada venres o número depinchos elaborados reforzando o seu servizo debido a demanda do público. A...

O concello de Nigrán obtén a licencia para a creación dun ‘Bosque-Escola’ no CEIP...

0
O obxectivo é licitar ambos proxectos nas vindeiras semanas para emprender as obras durante o verán. Ambos foron deseñados polo arquitecto ideólogo do 'Sistema...

Publicacións Relacionadas