Home Pontevedra Baixo Miño O PP de Tomiño esixe explicacións ante o "grave atasco" das licenzas...

O PP de Tomiño esixe explicacións ante o “grave atasco” das licenzas urbanísticas e pide datos dos expedientes segundo os estudos de arquitectura

- Anuncio -

-Os populares queren coñecer se dende o Concello de Tomiño se recomenda a xestión a través de determinados estudos profesionais alegando “un suposto coñecemento da normativa urbanística local que aceleraría os trámites, o cal pode supoñer un caso de presunto nepotismo”

-A formación dirixida por Lara Meneses lamenta o “despropósito” no que o goberno local ten sumido ao urbanismo de Tomiño, o que xera “desconfianza, perda de investimentos e merma da calidade de vida dos veciños”

O Partido Popular de Tomiño vai esixir ao goberno local que dea explicacións ante o “grave atasco e importantes retrasos” na concesión de licenzas urbanísticas no termo municipal e tamén vai pedir datos dos expedientes segundo os estudos de arquitectura co obxectivo de coñecer se se trata dun colapso xeral provocado pola “neglixente xestión” do executivo de Sandra González ou ben hai diferenzas “por cuestións anómalas”.

Os populares, que xa denunciaron publicamente a semana pasada que a concesión de bastantes licenzas podía adiarse durante catro anos co correspondente perxuízo para a veciñanza, explicitarán nos vindeiros días a acción de fiscalización que van emprender sobre o labor do goberno sobre o urbanismo. Nestes intres están a barallar a posibilidade de plantexar unha solicitude de comparecencia da alcaldesa ante o pleno da corporación ou ben unha batería de preguntas plenarias sobre esta cuestión.

“Dende que nos chegaron as primeiras queixas veciñais polos importantísimos retrasos na xestión do Urbanismo local, o que xera importantes incomodidades aos cidadáns que queren construír ou rehabilitar unha vivenda, abrir un negocio ou ampliar unha empresa, a situación está a xerar un importante descontento social e as queixas multiplícanse, ademais, con acusacións por supostos casos de nepotismo”, sinalaron dende o PP, que deixaron claro que o seu obxectivo “ é unicamente mellorar a calidade de vida da xente e que o goberno local espabile e atenda as súas obrigas cos cidadáns nas competencias municipais, porque leva anos vivindo moi comodamente, cunha vagancia total derivada da maioría absoluta que motiva que se sintan por riba do ben e do mal”.

Por elo, e ante o incremento das queixas que están a recibir, os populares de Tomiño tamén queren coñecer se dende o Concello de Tomiño, tal e como nos sinalan algúns veciños, se está a recomendar aos veciños a xestión e contratación dos expedientes urbanísticos a determinados estudos profesionais de arquitectura alegando “un suposto coñecemento da normativa urbanística local que aceleraría os trámites”.

“Queremos chegar ao fondo da cuestión, tanto nos motivos do retraso no tratamento dos expedientes e a concesión de licenzas como nesa outra xestión que podería ser de maior gravidade con supostos amiguismos a prol de determinados estudos se é certo que os expedientes se tratan a distintas velocidades. Pero en todo caso, o noso único ánimo é esclarecer esta situación, fiscalizar o labor do goberno como nos corresponde e que o servizo mellore en aras do benestar da xente e de que estea axeitadamente atendida polo seu concello”, manifestaron dende o PP.

A formación que dirixe Lara Meneses, que revelou que hai estudos de arquitectura que rexeitan traballar en proxectos urbanísticos de Tomiño polas trabas e os longos prazos existentes, lamentou o “despropósito” no que o goberno local ten sumido ao urbanismo de Tomiño, o que xera “desconfianza, perda de investimentos e merma da calidade de vida dos veciños”.

Relacionadas

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Publicacións Relacionadas