Home Pontevedra Baixo Miño O Rosal pon en marcha estudo de participación e necesidades socioculturais da...

O Rosal pon en marcha estudo de participación e necesidades socioculturais da veciñanza

- Anuncio -

Con esta iniciativa pioneira na contorna, o Concello busca coñecer as necesidades culturais, de lecer e participación de rosaleiros e rosaleiras

O Rosal segue a dar pasos innovadores en todos os eidos, tamén á hora de contar coa opinión da veciñanza. O Concello porá en marcha un estudo de participación e necesidades socioculturais de rosaleiros e rosaleiras co obxectivo de coñecer as necesidades culturais, de lecer e de participación da poboación, unha información que, como destaca a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, “sen dúbida nos facilitará e guiará na toma de decisións do Goberno municipal no eido sociocultural”.
Trátase dunha iniciativa pioneira na contorna coa que se procura coñecer tamén os intereses dos distintos perfís veciñais do municipio, cunha ampla parte da poboación cunha idade superior aos 60 anos, un forte peso da poboación adulta procedente do coñecido como ‘baby boom’ e unha diminución de veciños e veciñas en idades xuvenís. O estudo realizarase a través dunha enquisa en liña e presencial “que nos permitirá chegar a todos os rangos de idades e colectivos, recollendo a maior información posible dunha forma directa”.
O estudo desenvolverase en tres fases diferenciadas. O arranque será a través dunha primeira toma de contacto coa realidade sociocultural do municipio a través de entrevistas con persoas clave, que dará paso a unha segunda fase na que se recollerá información a través dunha enquisa en liña e presencial a disposición de toda a poboación. Xa cos datos recollidos analizados polo persoal técnico, na terceira fase presentarase o informe final con todos os resultados e conclusións obtidas. Este estudo realizarase ao longo de 12 semanas e prevé rematarse no vindeiro mes de marzo, aínda que o prazo podería estenderse en función do nivel de participación da poboación.
Para a realización deste proxecto o Concello conta con dúas expertas formadas en socioloxía, demografía, educación e cultura: por un lado Antía Domínguez, doutora en Demografía, licenciada en Socioloxía, diplomada en Estatística e profesora na Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña; e, por outro, Angelina Gándara, diplomada en Educación Social e Técnica Superior e Experta en Animación Sociocultural.

Relacionadas

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Publicacións Relacionadas