Home Pontevedra Deza O alcalde Rubén Quintá concorrerá de número 4 na candidatura do PP...

O alcalde Rubén Quintá concorrerá de número 4 na candidatura do PP de Rodeiro liderada por Cati Somoza

- Anuncio -

• O rexedor agradece á candidata a súa confianza para repetir no proxecto dos populares e asegura que afronta esta etapa “con moita ilusión e convencido de seguir nun equipo gañador, que é o mellor para os veciños e no que poderei adicarme á atención das obras e do rural”.


• Cati Somoza explica que a presenza do alcalde “era imprescindible pola súa experiencia, lealdade e traballo, xa que é o mellor concelleiro de Obras que pode ter Rodeiro” e agradeceu a responsabilidade que asumiu este anos e “a súa humildade e xenerosidade para seguir no noso proxecto polo compromiso máximo que ten co PP e cos veciños”.

O alcalde de Rodeiro, Rubén Quintá, que acaba de cumprir 25 meses no cargo dende a súa toma de posesión en marzo de 2021, vai concorrer de número 4 na candidatura do PP de Rodeiro liderada por Cati Somoza para as eleccións municipais do 28 de maio.

“Cando asumín a candidatura do PP de Rodeiro dixen que íamos ofrecer un proxecto evolucionado, adaptado ás necesidades dos veciños e co toque persoal propio da nosa candidatura. Pero tamén hai que ser intelixentes, porque nunca nos esquecemos de que nos debemos aos veciños, e temos que aproveitar todo o bo destes doce anos de goberno, polo que, nestas circunstancias, consideramos que a presenza de Rubén era imprescindible pola súa experiencia, lealdade e traballo, así que estamos todos moi contentos de que siga con nós e siga tan implicado en traballar pola xente de Rodeiro”, explicou Cati Somoza.

O rexedor agradeceu á candidata a súa confianza para repetir no proxecto dos populares: “É unha honra que conten comigo para seguir no equipo do PP, porque temos o apoio maioritario dos veciños, porque é un proxecto que sinto como propio e porque creo que esperta moitísima ilusión dende o sentidiño de manter o bo feito e dende a intelixencia de incorporar as novas necesidades da xente”.
“Afronto esta etapa con moitísima ilusión porque estou na miña ‘casa’ e estou convencido de que con Cati seguimos cun proxecto gañador, que é o mellor para os veciños e no que poderei adicarme en corpo e alma á atención das obras e do rural, que é o que realmente me gusta”, detallou Quintá, que quere ter “un agradecemento máximo, especial e público para os meus compañeiros do goberno local, que tiveron un comportamento excepcional nestes máis de dous anos, que me axudaron ata o imposible e que merecen o meu absoluto recoñecemento polo seu traballo e lealdade”.

O rexedor engadiu que, para el, “foi unha auténtica honra e orgullo ter sido alcalde do meu pobo durante máis de media lexislatura malia que foi nunhas circunstancias inesperadas, pero en todo caso é algo que levarei sempre comigo, sobre todo porque din o mellor de min e recibín constantemente o cariño e respecto dos veciños, polo que só me queda dar as grazas e seguir traballando arreo durante as vindeiras semanas”.

“Rubén é o mellor concelleiro de Obras, de longo, que pode ter Rodeiro, polo que contar con el é un exercicio de responsabilidade e de cumprir cos veciños para ofrecerlles o mellor proxecto e o mellor equipo”, detallou Cati Somoza, que quixo agradecer publicamente a responsabilidade que asumiu estes anos ao fronte do Concello e “a súa humildade e xenerosidade para seguir no noso proxecto polo compromiso máximo que ten co PP e cos veciños de Rodeiro”.

Relacionadas

A Deputación abre en xuño as portas do recinto conventual de Santa Clara para...

0
Terán lugar o venres 7 de xuño ás 18:00 horas e os días 8, 15, 16, 22 e 23 de xuño ás 11:00 horas....

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o próximo luns 6 de maio as...

0
Esta liña de subvencións está dotada con 200.000 euros e permitirá que as entidades locais creen ou ben manteñan e reforcen os servizos de...

O Salinas Club de Lectura pecha unha apretada axenda de escritores ata Nadal

0
Tralo éxito da xornada inaugural, as persoas lectoras están citadas para o 21 de maio con “O mar que nos leva”, de Moncha Fuentes César...

A Deputación aconsella extremar a vixilancia das viñas ante o mildio e o black...

0
Areeiro recomenda tratar tamén ante o mildio as patacas e plantas de horta xa que as choivas estes días e a subida de temperaturas...

Máis de 12.500 pinchos vendidos durante a I Edición de Pinchoterra

0
A ruta que contaba con 26 locais participantes superou cada venres o número depinchos elaborados reforzando o seu servizo debido a demanda do público. A...

O concello de Nigrán obtén a licencia para a creación dun ‘Bosque-Escola’ no CEIP...

0
O obxectivo é licitar ambos proxectos nas vindeiras semanas para emprender as obras durante o verán. Ambos foron deseñados polo arquitecto ideólogo do 'Sistema...

Publicacións Relacionadas