Soutomaior instala sistemas de aerotermia en tres das súas instalación municipais

adminON
Lectura mínima de 2

O Concello de Soutomaior destinou máis de 20 mil euros na implantación dos sistema de aerotermia do campo de fútbol Graciano Padín, do pavillón do CEIP Manuel Padín Truiteiro e no Pavillón Municipal “Alfonso Pazos”. As intervencións inclúen a substitución das caldeiras de gasoil por un sistema de aerotermia máis eficiente enerxéticamente.

3 de outubro, Soutomaior. O Concello de Soutomaior destinou máis de 20 mil euros na instalación do sistema de aerotermia en tres das súas instalación municipais, no campo de fútbol Graciano Padín, no CEIP Manuel Padín Truiteiro e no Pavillón Municipal Alfonso Pazos, instalacións polas que pasan a diario máis de mil persoas. Unha intervención realizada ao abeiro do Fondo de Cooperación Local da Xunta de Galicia.

As intervencións inclúen a substitución das caldeiras de gasoil por un sistema de aerotermia máis eficiente enerxéticamente, con esta intervención está case o 100% a sustitución do gasoil no concello na produción de auga quente.

En concreto, instalaronse sistemas de aerotermia cun depósito de acumulación auxiliar e dous aerotermos en serie, garantindo así unha temperatura homoxénea de 60 graos no último depósito.

Este sistema foi implementado nos vestiarios destas instalacións municipais. A instalación de auga quente sanitaria utilizará unha bomba de calor que absorbe a enerxía térmica do aire, proporcionando unha solución enerxética eficiente.

O goberno local recibiu unha subvención proveniente do Fondo de Cooperación Local, destinado a concellos con poboación inferior a 15.000 habitantes, para financiar parte destas melloras.

Comparte este artigo