A Xunta dará a coñecer o exemplo de mulleres líderes nos seus ámbitos en 20 centros educativos con Edureferentes

adminON
Lectura mínima de 3
  • A directora xeral de Innovación Educativa, Judith Fernández, reúnese coa nova presidenta de Executivas de Galicia, Carmen Costas, que desenvolve este programa
  • O obxectivo é sensibilizar aos máis novos sobre os estereotipos de xénero e promover a igualdade mediante charlas, obradoiros e mentorías

A Xunta dará a coñecer o exemplo de mulleres líderes nos seus ámbitos en 20 centros educativos a través da quinta edición do programa EduReferentes, impulsado pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP e Executivas de Galicia. Precisamente, a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, reuniuse esta mañá coa nova presidenta desta asociación, Carmen Costas, coa que abordou o desenvolvemento do programa para este curso.

Ao abeiro desta iniciativa, a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP leva experiencia de mulleres líderes nos seus sectores aos centros seleccionados na convocatoria, cuxa resolución se publica hoxe. Os colexios e institutos participantes son os recollidos na seguinte táboa:

Concello Centro
Provincia da Coruña
Cee IES Fernando Blanco
Outes IES Poeta Añón
Ribeira IES Leliadoura
Touro CPI Plurilingüe Fonte Díaz
Vedra CPI Plurilingüe de Vedra
Zas IES Máximo Romero de Lema
Provincia de Lugo
Castroverde CPI Plurilingüe de Castroverde
Foz IES de Foz
Monforte de Lemos IES Francisco Daviña Rey
A Pastoriza IES Fonmiñá
A Pontenova IES Enrique Muruais
Sarria IES Gregorio Fernández
O Saviñao CPI Plurilingüe Dr. López Suárez
Xove IES Illa de Sarón
Provincia de Ourense
Maceda IES San Mamede
Ourense IES Julio Prieto Nespereira
Provincia de Pontevedra
A Guarda IES A Sangriña
Lalín IES Ramón Mª Aller Ulloa
Vigo IES Ricardo Mella
Vilaboa CPI do Toural

Nas catro anteriores edicións do programa participaron na iniciativa máis de 4.500 alumnos. En concreto,  alumnado asiste a charlas de 50 minutos a cargo de dúas profesionais referentes galegas en dous ámbitos profesionais diferentes para visibilizar a figura da muller en postos tradicionalmente masculinizados. Nestas sesións trabállanse cos estudantes os mitos sobre os diversos perfís desde unha perspectiva de xénero.

Tamén se desenvolven obradoiros educativos sobre softskills (as competencias relacionadas coa forma que ten unha persoa de relacionarse coa súa contorna social) e creatividade guiados por mulleres expertas e tamén centrados na educación emocional con perspectiva de xénero.

A maiores, o programa inclúe mentorías individualizadas para unha selección de cinco estudantes por centro, nas que estas mulleres comparten a súa experiencia e coñecementos, apoiando ao alumnado na busca das súas fortalezas, habilidades e intereses ao longo de diversas sesións individualizadas.

Comparte este artigo