Home Pontevedra A Paradanta O concello saca a licitación a mellora do vial nos Eidos de...

O concello saca a licitación a mellora do vial nos Eidos de Arriba (Sela)

- Anuncio -

• As obras teñen como obxecto a reforma dos accesos da Igrexa de Santa Mariña de Sela ao seu paso polo núcleo de Eidos de Arriba, así coma os espazos públicos existentes no seu percorrido que, aínda que de escala reducida, contan cun gran valor patrimonial.

• A obra esta en fase de licitación cun orzamento total de 108.250,30 €

• Concello conta con financiamento ao 100% para acometer dito investimento en base a subvención concedida polo Ente Provincial no marco do Plan Concellos 2022-2023: Liña 1: Investimentos. – ANUALIDADE 2023.

O Concello de Arbo, licita as obras para a Mellora de viais nos Eidos de Arriba (Sela) a través da plataforma de contratación do Estado por un importe de 108.250,30 €.- financiados con cargo o Plan Provincial de obras e servizos (Plan Concellos) 2022-2023, dentro da Liña 1 – Investimentos – ANUALIDADE 2023

As obras de mellora teñen como obxecto a reforma os accesos da Igrexa de Santa María de Sela ao seu paso polo núcleo de Eidos de Arriba, así coma os espazos públicos existentes no seu percorrido que, aínda que de escala reducida, contan cun gran valor patrimonial.
O ámbito caracterízase por un tecido de crecemento orgánico, onde a estrada ao sur (comunicación co núcleo de Arbo) e a propia Igrexa funcionaron coma factores de atracción para a construción de múltiples vivendas unifamiliares que acabarían conformando o núcleo de Eidos, diferenciado co nome de Eidos de Arriba para a parte norte e Eidos de Abaixo para a parte sur. Este carácter de crecemento irregular provoca a creación de viarios estreitos e cun trazado tortuoso, coma resultado do baleiro que deixan os muros de peche e en moitos casos as propias fachadas das edificacións, o que dificulta en moitos casos a existencia dunhas axeitadas condicións de accesibilidade a un dos puntos de maior atracción do Concello.
A actuación busca mellorar as condicións e características dos espazos públicos existentes, así como as características dos viais de acceso á Igrexa de Santa María de Sela, hoxe en día inadecuados tanto para peóns coma para tráfico rodado, polo que á intención principal da actuación baséase na mellora da accesibilidade global do ámbito.
Os dous grandes espazos centrais da actuación (zona do Cruceiro e zona do hórreo) recuperan o seu valor de zonas estanciais co uso de mobiliario urbano axeitado e elementos que lle devolvan a calidade urbana, xerando espazos interesantes e amables para os usuarios.

Relacionadas

A Deputación abre en xuño as portas do recinto conventual de Santa Clara para...

0
Terán lugar o venres 7 de xuño ás 18:00 horas e os días 8, 15, 16, 22 e 23 de xuño ás 11:00 horas....

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o próximo luns 6 de maio as...

0
Esta liña de subvencións está dotada con 200.000 euros e permitirá que as entidades locais creen ou ben manteñan e reforcen os servizos de...

O Salinas Club de Lectura pecha unha apretada axenda de escritores ata Nadal

0
Tralo éxito da xornada inaugural, as persoas lectoras están citadas para o 21 de maio con “O mar que nos leva”, de Moncha Fuentes César...

A Deputación aconsella extremar a vixilancia das viñas ante o mildio e o black...

0
Areeiro recomenda tratar tamén ante o mildio as patacas e plantas de horta xa que as choivas estes días e a subida de temperaturas...

Máis de 12.500 pinchos vendidos durante a I Edición de Pinchoterra

0
A ruta que contaba con 26 locais participantes superou cada venres o número depinchos elaborados reforzando o seu servizo debido a demanda do público. A...

O concello de Nigrán obtén a licencia para a creación dun ‘Bosque-Escola’ no CEIP...

0
O obxectivo é licitar ambos proxectos nas vindeiras semanas para emprender as obras durante o verán. Ambos foron deseñados polo arquitecto ideólogo do 'Sistema...

Publicacións Relacionadas