Home Tabeirós Cerdedo - Cotobade Abanca e as manipulacións do candidato do PP

Abanca e as manipulacións do candidato do PP

- Anuncio -

O BNG de Cerdedo-Cotobade lanza outro novo audiovisual participado polos compañeiros e compañeiras do grupo local a fin de denunciar outro dos incumplimentos do candidato do PP, neste caso con motivo da perda do servizo bancario de Abanca.Trala marcha da sucursal da Chan o BNG levou a pleno unha moción na que, por unanimidade, se aprobou retirar as contas bancarias municipais da entidade como resposta ao despropósito de pechar un servizo tan básico para a veciñanza como para a vida no rural. Malia os danos ocasionados aos negocios de Carballedo e aos das parroquias contiguas, malia ao ataque á propia capitalidade de Carballedo, o candidato do PP non foi quen de cumprir co aprobado en pleno e mesmo prometeu en diversos medios de comunicación a chegada doutra entidade á Chan. Xestión que nunca viu a luz. O BNG levou outra iniciativa a pleno para declarar a Escotet persoa non grata en Cerdedo-Cotobade. Proposta rexeitada polo candidato do PP.Dende o BNG levamos a cabo unha nova iniciativa en formato de audiovisual cos seguinte obxectivos: remarcar as mentiras e as manipulacións do candidato do PP e denunciar a perda de servizos na capital municipal cos problemas sobrevidos para o conxunto da veciñanza, autónomos e empresarios da zona.Non podemos permitir que o PP continúe co ataque tan descarado ao modelo de vida do rural de Cerdedo-Cotobade.

Relacionadas

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Publicacións Relacionadas