Home Tabeirós A Estrada A Estrada ten moito que ver, o problema é que está agochado...

A Estrada ten moito que ver, o problema é que está agochado e abandonado

- Anuncio -

As nosas propostas para o turismo están centradas na posta en valor do noso patrimonio, tanto natural como arquitectónico, e na dinamización a través das redes sociais

Desde o BNG somos conscientes de que A Estrada e a súa comarca teñen que aspirar a se converter nunha referencia turística para milleiros de visitantes que ademais dunhas condicións atraentes e satisfactorias no eido do aloxamento e dos servizos públicos, atopen no territorio do noso concello as infraestruturas públicas que lles faciliten e motiven o coñecemento e desfrute sostíbel dos innumerábeis recursos turísticos que A Estrada garda por todo o seu territorio. O turismo pode converterse no noso concello nun dos motores de dinamización económica e de promoción e difusión do noso patrimonio cultural.

Estamos a falar dun importante patrimonio artístico e paisaxístico, así como dun rico e variado patrimonio cultural, etnográfico e histórico, que unidos a unha importante oferta de tradición gastronómica fan que A Estrada poida atopar no turismo unha importante fonte de riqueza, se se promoven desde o poder municipal accións políticas que poñan en valor e fagan visíbel todo este potencial. Accións políticas que xa o BNG empezou a pór en marcha cando tivo responsabilidades de goberno entre 2007 e 2011.

Cómpre desde o goberno converter todo este patrimonio en produtos turísticos atraentes, que sexan debidamente publicitados, promocionados e axudados na súa comercialización. Así por exemplo, faremos unha defensa activa do noso patrimonio como é a Torre e o Pazo de Guimarei, rescatándoa do seu abandono, así como da Rapa das Bestas, a lagoa Sacra de Olives, e por suposto, a posta en valor de Castro Valente, impedindo que quede sepultado polo proxecto de parque eólico. A Estrada ten moito que ver, o problema é que está agochado e abandonado.

É fundamental continuar co traballo que iniciara o BNG no goberno, de recuperación e posta en valor do patrimonio rural, tanto material (fontes, lavadoiros, muíños, castros, camiños reais, inmóbeis que fixeron historia no eido industrial e social…) como inmaterial (historia, tradición oral, música, artesanía, gastronomía, tradicións etc.)

Mais tampouco queremos esquecer a posta en valor dos “postos” salmoneiros dos coutos estradenses de Ximonde, Xirimbao e Sinde, facendo que tanto veciñas como veciñas, así como visitantes, non vivan de costas o noso río, o Ulla.

Relacionadas

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Publicacións Relacionadas